Visita de Jorge Sierra

Por Paula.Boquete.Lopez

Estreno o meu blog na plataforma cun agradecemento a Jorge Sierra despois do seu paso pola nosa clase da materia de aprendizaxes na era dixital.

Considero que as súas aportacións serán moi útiles de cara a noso futuro profesional, e tamén persoal.

Descubrir que na sociedade na que estamos agora mesmo embarcados siguen existindo persoas que realmente disfrutan co que fan e son capaces de transmitir a motivación e a ilusión por proxectos que fuxen do negocio que impera hoxe en día.

Coñecer de cerca a Wikipedia, como ferramenta sólida de transmisión de coñecemento resultou gratamente positivo. Remato a sesión co convencemento de que é unha plataforma útil e que pode ser realmente importante levala á aula, que os alumnos a coñezan e a respeten como recurso de aprendizaxe, cooperación e transmisión de saberes e información.