5 de Outubro: Día Mundial dos Docentes

Ó final da última sesión de clase a mestra preguntounos se sabiamos que se celebraba o día 5 de outubro. A maioría de nós non tiña resposta e polo tanto encomendóusenos a tarefa de buscar e recoller información acerca desta data, o Día Mundial dos Docentes.

Debo recoñecer que non sabía que existise unha data sinalada para tal cuestión. Isto supuxo unha sorpresa para min e levoume a indagar un pouco máis acerca de dito día.

No ano 1994 a UNESCO creou o Día Mundial dos/das Docentes, que cada ano se celebra o día 5 de outubro coa finalidade de salientar a contribución vital que as organizacións de docentes fan á educación e ó desenvolvemento.

Tomando como referencia a UNESCO, é preciso dicir que esta data  representa un símbolo da concienciación, comprensión e aprecio expresados ós docentes. A Internacional da Educación considera que esta data debería ser internacionalmente recoñecida e celebrada en todo o mundo.

Na actualidade, más de 100 países celebran esta data, en gran medida debido á contribución da Internacional da Educación. Esta institución cada ano desenvolve unha campaña de concienciación para destacar as aportacións da profesión docente.

Neste ano, o 2014,  o lema do Día Mundial dos Docente é : “¡Inverte no futuro, inverte nos docente!”.  Neste data, a UNESCO e os seus asociados incitan a todos a que contribúan a difundir a mensaxe de que a inversión nos docente é fundamental, posto que a calidade de calquera sistema educativo depende da calidade dos seus docentes.

Os lemas propostos pola UNESCO no Día Mundial dos Docentes en anos pasado foron os seguintes:

  • Inverter nos docentes de hoxe é construír un mellor futuro (2009).
  • A recuperación empeza cos docentes (2010).
  • Os docentes para a igualdade de xénero (2011).
  • ¡Apoia ós teus docentes! (2012).
  • ¡Un chamamento á docencia! (2013).

Dende o meu punto de vista é moi importante salientar e recoñecer a gran labor que día a día e ano tras anos desenvolven os docentes de todo o mundo coa finalidade de educar ás persoas, de ter sociedades formadas e de lograr un mundo mellor. É necesario destacar a labor dos docentes e concienciar á poboación de todo aquilo que leva asociado dita profesión.

Para rematar este post, incorporo o cartel do Día Mundial dos Docentes do presente ano e recollo os titulares dunha serie de noticias relacionadas con esta cuestión.

 

 image

 Noticias:

  • No Día Mundial do Docente, a ANPE (sindicato de docentes) reclama que se escoite ó profesorado e que se recoñeza a súa labor. 4/10/14
  • Sindicatos e ONG apostan por unha ensinanza de calidade no Día dos Docentes. 4/10/14
  • ANPE denuncia  a perda de dereitos dos mestres no Día Mundial dos Docentes. 4/10/14

 

Gustaríame aclarar que a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) conta cun apartado dentro da educación adicado ós docentes no que trata a súa formación, a contratación, a súa situación, as condicións de traballo, a defensa dos seus dereitos…

A Internacional de Educación (OIE) é unha parte integral da UNESCO que posúe autonomía intelectual e funcional. Na actualidade é un dos institutos e centros especializados do sector da educación da UNESCO.

WEBGRAFÍA:

http://www.educacionenvalores.org/5-de-octubre-Dia-Mundial-de-l-s.html

http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/world-teachersday-2014/

http://aulaintercultural.org/2013/10/05/5-de-octubre-dia-mundial-de-ls-docentes/

http://en.unesco.org/themes/teachers

http://www.ibe.unesco.org/es/la-oie-en-breve/quienes-somos/historia.html

WEBGRAFÍA DAS NOTICIAS SALIENTADAS:

http://www.lacomarcadepuertollano.com/diario/noticia/2014_10_03/39

http://noticias.lainformacion.com/educacion/profesores/sindicatos-y-ong-apuestan-por-una-ensenanza-de-calidad-en-el-dia-de-los-docentes_rWoRcBgf2cicDshXbMNou3/

http://www.teinteresa.es/espana/DENUNCIA-PERDIDA-DERECHOS-PROFESORES-MUNDIAL_0_1223878270.html

 

Comentarios

  • Mirian Cortiñas Pérez

    Moi boa explicación do Día Mundial dos Docentes, eu tampouco coñecía que se celebraba o 5 de Outubro, pero paréceme moi interesante que este día se celebre a nivel mundial. Sobre todo o lema deste ano, está moi adecuado a realidade do noso país xa que en comparación do que se invirte en educación neste país con outros quedamos un pouco atrás, debemos concienciar a sociedade que sen educación non hai nin avance nin melloras, a educación eé un dos pilares fundametales da nosa vida!

    Un saúdo!

  • Andrea Antón

    Paréceme moi importante que como profesionais da educación teñamos coñecemento sobre este tipo de celebracións e días internacionais, xa que non só son datas sen máis, se non que detrás delas hai un afán por parte organizacións mundiais con moita repercusión e influencia como é a UNESCO de recoñecemento, de respecto e de valoración pola cuestión que se sinala, neste caso pola profesión docente. Ademais chamame a atención o lema que acompaña o día mundial dos docentes neste ano: "¡ Invirte no futuro, invirte no docente! , con el eu creo que se fai un chamamento de atención, unha recomendación a todos aqueles países (como é no noso caso) que desgraciadamente someten ao presuposto destinado á educación a contínuos recortes, pois isto supón condenar ás xeracións futuras pouco formadas a supervivencia e a un futuro país pobre.

    Moi boa entrada Nahyr, un saúdo!Smile

  • Lourdes Montero

    No comentario nomeas a UNESCO e a  Internacional de Educación... Desde o preconcepto de que a UNESCO é unha institución coñecida... coñecías tamén a Internacional de Educación? Indagaste nalgún momento sobre ambas e a súa incidencia nos temas de profesorado?

    Saúdos

    Lourdes