Marea verde

Marea verde balear.

Este novo decreto feito polo goberno do PP balear en favor do trilingüísmo conta con moitos detractores dentro e fora das illas e,aínda que no levantamento contra o decreto foron moitos os sectores que se uniron, destaca especialmente o dos profesores, que son o núcleo do movemento.

 

Se nos paramos a analizar a imaxe dos profesores neste suceso vemos que o decreto do goberno non é máis que a gota que colma o vaso. O sector educativo xa viña sendo castigado dende fai moito tempo con duros recortes e facendo oidos xordos ás súas necesidades, o que mantiña irritados aos profesores baleares. As folgas producidas polo trilingüísmo era o desencadeante lóxico de dita situación, xa que fixo que un sector da sociedade se unira, co profesorado á cabeza, para reclamar os seus dereitos.

 

Hai diversos motivos que explican como se chegou a tal situación, moitos ven o trilingüísmo como un duro ataque á identidade das illas Baleares, e máis concretamente ao seu idioma, o cal consideran intolerante e unha medida homoxeneizadora por parte do PP.

Estas persoas creen que a medida do trilingüísmo e unha forma de ataque indirecto ao catalán, unha maneira de restarlle peso na vida escolar, e móstranse totalmente en contra de algo así.

 

Outras persoas ven estas movilizacións como unha maneira de alzar a voz contra os fortes recortes educativos que se estan a dar ultimamente baixo o mandato do PP, causa que une a profesorado e pais, ambos afectados por igual. Debido a isto os recursos cos que contan os profesores son cada vez máis escasos, e exixen que se paguen os servizos de comedor e transporte e que cesen os recortes de presuposto nos colexios.

 

Neste movemento, o profesorado acaba sendo o portavoz das necesidades dun sistema educativo cada vez máis castigado pola nova política de austeridade do goberno. Encárganse de comunicar á sociedade as necesidades que presenta o sistema e que os levaron a movilizarse. Comunican ao mundo as súas ideas, as súas exixencias e dan explicacións sobre porque se negan a aplicar o novo decreto, xa que, según os propios profesores, aplicar tales reformas en tan pouco tempo é imposible, e moito máis se a eso se lle suma a escasez de persoal e os continuos recortes nos recursos educativos.

 

A iniciativa do trilingüísmo parece provir dunha iniciativa da Unión Europea, a cal establece como obxetivos que para o ano 2020 todos os cidadáns da comunidade falen duas linguas ademáis da propia lingua materna.

Sen embargo vemos que o decreto do goberno balear do trilingüísmo non é algo único en España, xa que vemos como se da en máis comunidades autónomas do país con linguas cooficiais tales como Galicia, País Vasco ou Valencia.

 

No caso de Galicia o presidente Feijoo propón o trilingüísmo en 2009, e aínda que conta con un gran número de detractores a idea non causa tanto enfrontamento como en Baleares, seguramente debido a que se planea unha introducción do plan menos agresiva que a feita nas illas.

 

Na comunidade valenciana tamén se aprobou o borrador do decreto de trilingüísmo, o cal tamén contou coa oposición dos sindicatos educativos, sen embargo tamén foron máis cautelosos que nas illas e non se apresuraron a finalizalo e implantalo, sendo conscientes de que os profesores non contan coa preparación necesaria para levalo á cabo.

 

No País Vasco vemos como o sector nacionalista accedeu a negociar sobre o trilingüísmo no seu sistema escolar, e de feito deron un forte impulso a este plan e esforzáronse por implementalo, sempre que non supora unha merma no peso do euskera en dito sistema.