Ferramentas para o futuro

Bos días de novo!

Engado unha nova entrada ao meu blog para contarvos algo moi interesante que descubrín a semana pasada nunhas xornadas de escola inclusiva.

Trátase dun proxecto chamado “pizarras abiertas”, un dos seus creadores o pasado venres nunha ponencia presentounos dito traballo e realmente pareceume moi interesante.

No seu blog http://cldv3cicloprimaria.com contan que queren apostar por unha inclusión xenuína das TIC na ensinanza, onde aprender dos demais e cos demais que compartir e colaborar sexan aspectos que acompañen o interesante desafío de transformar a educación.

Realmente invítovos a que investiguedes e vos somerxades nesta páxina, porque é realmente interesante.

Todo isto, persoalmente, levoume a reflexionar sobre as ferramentas de aprendizaxe nas que se poden converter a Web 2.0 ou as Wikis, por exemplo, que estivemos coñecendo durante as nosas clases de Aprendizaxes na Era Dixital. Realmente creo que son as ferramentas do futuro para a ensinanza colaborativa e en grupo. Pero isto esixe formación ao profesorado e unha infaestructura que permita a entrada deste tipo de materiais novos de ensino-aprendizaxe como elementos seguros na aula. Con isto refírome a que se poida contar con servidores propios nos centros que permitan crear estas redes de aprendizaxe como algo que poida ser controlado fuxindo así dos perigos que entraña nalgunhas ocasións a rede, e facendo que os Mestres se sintan máis seguros traballando con este tipo de recursos.

Durante as prácticas que estou a realizar durante este mes estiven nun 5º de primaria no que as TIC son fundamentais, contan con ABALAR e libros dixitais, polo que traballan cas novas tecnoloxías de forma habitual pero nalgúns momentos percibín o medo da súa mestra a incorporar blogs ou redes de aprendizaxe  á súa rutina de aula xa que non sinte que poida controlar a participación dos seus alumnos nun blog, ou nunha rede social, se non é ela a que supervisa e coñece o funcionamento interno de dita plataforma.

Definitivamente, creo que fan falta recursos, formación e inversión para dotar aos centros e aos Mestres deste tipo de ferramenta que persoalmente penso que son as ferramentas indispensables para transformar a educación de cara ao futuro.

Comentarios

  • María

    Hola Paula, grazas pola túa aportación. Consultarei o blog!

    No referente ao proxecto Abalar, non sei no teu caso, pero no centro no que estou observei que se emprega dun xeito moi tradicional, como unha mera continuación do libro.

    Con respecto ao que dis da introducción de novos recursos nas aulas, creo que falta preparación e cursos de formación para que o profesorado poda coñecelos e dominalos para poder empregalos.

  • Paula.Boquete.Lopez

    Boas tardes María;

    En primeiro lugar moitas gracias polo comentario.

    Estou totalmente de acordo contigo en que é preciso unha mellora na formación do profesorado para que aprenda a utilizar estas ferramentas, anque no meu caso a mestra si recibira moita formación e se preocupara por dominar este tipo de instrumentos; os problemas no uso do ABALAR ou do libro dixital no meu caso eran técnicos, e non se recibía unha resposta rápida de quen tería que solucionalos o que retrasa o proceso.