Prácticum III

Boas tardes compañeiras e compañeiros!

Xa estamos a rematar as nosas derradeiras prácticas nos centros, as cales foron demasiado curtas.

Durante estas semanas de observación na aula, chamoume a atención que na aula na que estou esta dotada de dous ordenadores de mesa, un para a mestra e outro para a consulta dos alumnos. Durante estas semanas, a mestra só o utilizou duas veces, unha para realizar un exercicio do cd do manual e outra para ensinar unha imaxe sobre un animal o que os nenos non coñecían. E o outro ordenador, non funciona. As clases, como podedes imaxinar, son de estilo tradicional: clases maxistrais nas que se utiliza o libro de texto ou fichas.

A semana pasada comecei eu co meu plan de traballo. Nel busco potenciar o traballo en grupo e onde o alumnado traballa coa axuda de unha webquest. Para que todos accedesen a webquest fomos a aula de informática, e foi alí onde observei unha diferencia bastante grande entre o alumnado, había nenas e nenos que non sabían como se accedía a internet por exemplo, mentres que outros aos seus 8-9 anos eran uns expertos.

Por outra parte, tamén me gustaría comentarvos o caso de un neno que hai na aula con asperger. Só traballa ca PT e coa AL, e a orientadora do centro comentounos a titora e mais a min, que sería boa idea traballar cos recursos EduLIM que hai na web. A verdade, este alumno queixase de que se aburre realizando estas actividades e enfadase constantemente porque quere ver vídeos en Youtube. Os vídeos que ve este alumno son bastante violentos onde hai asesinatos, loitas, etc. e os que lle da demasiada importancia. Estes vídeos, visualízaos na casa. E neste caso, onde quero facer fincapé recordando cando un día na aula buscamos as políticas de privacidade de Youtube e os cales van dirixidos a todos os públicos, excepto aqueles catalogados como para maiores de 18. Pero e agora cando me dou conta que quizáis deberíase clasificar os vídeos con un rango de idade, para controlar un pouco o que ven os nenos e nenas na rede e se as webs deberían ser máis esixentes coas idades, a parte das autorizacións que solicitan dos pais para que estes as utilicen.

Gustaríame facervos unha pregunta: que opinades vos ao respecto sobre o acceso do alumnado a diferentes páxinas ou vídeos que hai na rede?

Un saúdo e a disfrutar destes últimos días!