A identidade profesional docente: "A elección de ser docente"

Na sesión interactiva do xoves 30 de outubro da materia Formación e desenvolvemento profesional do profesorado propúxosenos unha nova actividade relacionada coa temática sobre a identidade profesional docente. En concreto, realizamos dita actividade mediante a técnica de seminario. Nela repartimos ó grupo-clase en pequenos grupos formados por catro ou cinco persoas. De seguido, a profesorado entregou a cada grupo un texto no cal os membros de cada grupo debían ler e discutir para logo presentalo ó conxunto da clase. No meu grupo en concreto ó texto a analizar foi o titulado como “A elección de ser docente”de Sandra Martínez Pérez e Luispe Gutiérrez.

Con esta nova entrada ó blog quero reflectir o análise realizado de devandito documento, é dicir, as conclusión ás que chegamos así como a miña opinión persoal ó respecto.

Co texto “A elección de ser docente” pretendese expoñer as circunstancias que levan a unha persoa a elixir ou decantarse a realizar os estudos superiores de maxisterio infantil ou primario. En concreto, os autores creen que estas circunstancias resúmense nas tres posturas que asumen os seguintes colectivos: estudantes e mestres, profesionais (o sociólogo François Dubet, o pedagogo Philippe Meirieu e a filósofa María Zambarro) e as propios autores (Sandra Martínez Pérez e Luispe Gutiérrez).

No texto pártese do concepto de vocación para indagar no resto do entramado. Afirmase que é un vocablo tradicional e moi interiorizado coa profesión docente entendido nun inicio como unha “chamada especial”, “impulso”, “ilusión e “gusto”, compartindo claramente esta visión os testemuñas dos mestres e estudantes, é dicir, aqueles que elixiron a docencia precozmente porque o desexaban ou os que optaron por este camiño ó sentirse frustrados ou insatisfeitos cos estudos que cursaban ou polo traballo profesional que desempeñaban.

Cabe destacar que por medio dos relatos destas testemuñas en concreto intercálase a opinión dos expertos anteriormente nomeados, quenes afirman que se está a producir unha evolución e cambio no concepto de vocación entendéndose hoxe en día tamén como axentes de protesta e transformadores da sociedade.

Logo faise alusión a que moitas das decisións que se toman están condicionadas polas opinións dos “outros”, é dicir, persoas significativas que inflúen positiva ou negativamente na toma de decisións ou elección dunha persoa sobre ser mestre, aportando varias relatos testemuñas destes feitos.

A continuación, logo de presentar os distintos relatos das testemuñas faise referencia nesta parte do artigo a que independentemente de cales sexan as circunstancias polas que se elixa ser mestre existe un discurso común por parte dos estudantes de maxisterio como é o gusto, paixón e amor polos nenos. Sen embargo, os autores do texto van máis aló alegando que non todos os nenos son iguais e sempre haberá cativos cos que sexa máis difícil traballar o que arrastrará en algunhas ocasións ós mestres cara unha “crises vocacional”. Como ben di  Meirieu non é suficiente que a un mestre lle gusten os nenos senón que tamén ten que posuír devoción e amor polo saber e o ensinar.

Por último, ó final do mesmo Zambrano, Dubet e Meirieu anuncian que hai que ser conscientes de que o imaxinario do mestre está evolucionando e cambiando, orientándose máis cara a responsabilidade e compromiso tanto ético como social e no pragmatismo, é dicir, indo más aló da vocación.

En definitiva, estou totalmente de acordo co artigo no sentido de que se está a producir un cambio no concepto de vocación nos mestres, é dicir, non se reduce simplemente ó gusto polos cativos senón no propio ensino, no saber, nos valores, na responsabilidade, compromiso social… Ademais tamén comparto que a elección polos estudos de maxisterio poden estar condicionada por moi diversos motivos: presión familiar, por non ter a nota suficiente para ingresar noutra carreira, porque non se atopa saída laboral doutros estudos, polo soldo, as vacacións, por obter un contrato de funcionario, polas pagas extras, condicións laborais, condicións de xubilación… Con isto non quero dicir que todas as persoas elixan estudar maxisterio por estas razóns senón porque teñen verdadeiramente interese en ensinar. De feito penso que esta situación está diminuíndo na actualidade porque antes era moito máis doado ingresar nos estudos de maxisterio porque non había nota de corte entón todo o mundo ía bater alí pero hoxe en día a nota de acceso é considerablemente alta, sendo máis difícil acceder.

Para finalizar, penso que este artigo correspondese coa fase inicial dentro da profesionalización docente, o primeiro paso para alcanzar ou adoptar a propia identidade profesional docente, é dicir, vaise construíndo paulativamente a medida que nos desenvolvemos durante a formación inicial básica como estudantes ata a continua ou permanente xa como profesionais. Polo tanto, é o punto de partida dentro da identidade profesional docente.

image