A miña experiencia ABALAR

Bos días, compañeiros e compañeiras! 

Xa finalizado o noso período de prácticas, toca voltar á Facultade para retomar as clases. Neste post, quero comentarvos como foi o meu primeiro contacto co Proxecto ABALAR, así como, toda a información que me facilitaron tres mestre que o están a usar.

Nun dos meus post anteriores, mencionara que os/as nenos/as me dixeran que non levaban os portátiles para cara xa que noutro colexio se producira un presunto roubo á saída deste; así como máis anécdotas. Neste post, aclararei moitas cousas, como por exemplo que o do roubo non era certo e cal é o verdadeiro motivo de por que non lles deixan levalos.

A miña visita a 5º de primaria, que é unha das dúas aulas que conta co Proxecto Abalar, produciuse o xoves. Á primeira hora, co seu titor, esclarecín moitas dúbidas que tiña con respecto a isto. O Proxecto Abalar, leva instalado neste centro, aproximadamente catro anos, pero ata este ano, non se empezou a usar xa que non sabían como sacarlle todo o proveito que este pode ter. Isto por que? Porque este ano, arrancou unha iniciativa que pon en marcha o libro dixital nos centros galegos, que se chama E-Dixgal, pero por agora, só para 5º de primaria.

O titor de 5º explicoume como funciona esta plataforma, e explicoume a diferenza entre as dúas editoriais que están dentro deste proxecto: EDEBÉ e Netex. Por unha parte, Edebé, simplemente é un libro dixital, non se produce interactividade entre alumnos/as e libro, polo que, cambíase o medio, pero non a metodoloxía, xa que se o alumnado quere facer algunha actividade, ten que facela, ou na libreta ou de forma oral. Netex, é interactivo, pero teñen problemas co seu funcionamento nos portátiles dos/das nenos/-as, polo que fan as actividades no proxector, todos/-as xuntos/-as; ademais disto, conta cun nivel superior a Edebé, pero hai un gran problema xa que os dous libros, non contan ca mesma orde de contidos. Cómpre destacar, que puiden observar que estes pequenos equipos, dan bastantes problemas, que adoitan solucionarse reininciando o equipo (ou ca axuda do titor), pero que fan perder moito tempo.

Ademais da explicación detallada que este mestre me fixo, explicoume como era un día normal de aula: Os delegados/-as Abalar (que son dous/dúas), suben á aula 5 minutos antes de que soe o timbre; reparten os ordenadores que deberán de estar conectados e gardados na mesa de carga e logo, cando chegan os seus compañeiros/-as miran se funcionan correctamente, xa que ás veces, non cargan. Se hai algún problema nos portátiles, o mestre/-a que estea con eles/-as trata de solucionalo, senón, cambian de portátil (xa que na mesa de carga hai cinco portátiles máis) e, cando veña o titor, xa o mira e arranxa. Ao acabar a xornada, os delegados/-as, recollen os ordenadore e póñenos a cargar na mesa de carga e, ao finalizar, pechan a mesa. 

Outro mestre co que estiven esa mañá, foi co de Matemáticas. Realmente, este mestre pouco usa lle dá a plataforma; é máis, intentou acceder a ela, e a pantalla do proxector, descalibróuselle, e xa deu todo por perdido. Intentamos calibrala e despois adicouse a facer contas toda a hora no encerado, eso si, co proxector encendido proxectando o libro Edebé, pero, simplemente como indicador do exercicio no que estabamos. Falei con el, e pouco me comentou, simplemente que Edebé tiña moi pouco nivel, pero nada máis.

Ca última mestra ca que estiven, foi ca de Inglés. Algúns dos portátiles dos pequenos/-as tiñan problemas que se soucionaban reininciando o equipo. Esta profesora, explicoume os pros e os contras que tiñan estas dúas editoriais. Por exemplo, en Edebé, non poden escoitar os listenings, xa que non existe un link que permita o acceso a estes, polo tanto, a mestra tivo que mercar os libros en papel, para ter os CD´s e poder poñerllos na clase; outro problema con esta editorial, é que colgaron soamente o Pupil´s Book, e non o Activity Book, polo que, teñen que seguir traballando con fichas xa que non hai un libro interactivo nesta editorial. Pola outra banda, Netex deixa escoitar os listenings ou calquera outro tipo de audio; ten máis nivel (isto parece que coincide en todas as materias, xa que por agora en matemáticas, lingua e lengua tamén ocorre); teñen exercicios interactivos, que á súa vez, poden ver os profes (para comprobar quen os realizou, os erros, etc.); o alumnado pode autoavaliarse, etc.; pero tamén ten algúns contras, como por exemplo: só hai dúas unidades subidas á plataforma, polo que a mestra non puido facer unha programación das próximas unidades; o alumnado non pode facer exercicios on-line na clase, xa que a wifi non o soporta, polo que, só pode facelos na casa (se ten acceso a internet, por esta mesma razón nunca son obrigatorios), e na aula, teñen que realizar os exercicios coa axuda do proxector todos/-as xuntos/as.

A útima hora, volvín a ter a oportunidade de volver estar co titor, e explicoume algo que me deixou media aturdida. Isto foi, a razón pola que os/as nenos/as non poden levar os portátiles para casa, e é porque o alumnado non pode acceder ao material, que o/a mestre/-a selecciona, de forma offline, xa que isto, só o poden facer os alumnos/as que asistan a una escola pública, e neste caso, ao ser un colexio concertado, teñen que acceder sempre, de forma online, e como non todos/-as os/as nenos/-as contan con internet na casa, non poden obrigarlle a facer exercicios no ordenador, polo tanto, teñen que continuar con fichas (por exemplo). A vós que vos parece eso? A min, ao igual que ao titor de 5º, non nos parece xusto, porque se che dan un material, debe ser para explotalo ao máximo; é como se che dan unha equipación completa de baloncesto e que din "agora xoga sen mans". Gustaríame saber que opinades vós!

Un saúdo, Natalia. Wink

Comentarios

  • ALBA

    Hola, Natalia, veo que tú también has estado inmersa en estas prácticas en un Proxecto Abalar. No eres la única puesto que yo también me las he tenido que ingeniar con él. 

    Al igual que tú he estado en el curso de 5º en dónde este año por primera vez se integra ese entorno virtual de aprendizaje a través del proyecto Edixgal. Que aunque promete muchas ventajas: como el servicio online y offline, tiene sus inconvenientes como yo también he podido comprobar. En mi centro también se establecían ciertos desniveles a la hora de poder realizar todas las actividades y procesos a través de esta plataforma, entre los niños que contaba con acceso a internet en sus domicilios y los que no, sintiéndose éstos últimos en ocasiones excluídos. Por ello, en mi propuesta de innovación o mejora siempre he intentado que todo lo que tuviese que ver con búsqueda de información o interactividad con la red las llevasen a cabo en clase y que se pudiese equilibrar la excesiva digitalización hacia otros recursos analógicos.

    También, sé lo que se siente cuando tienes una sesión preparada con la pizarra digital y la conexión a internet, y de repente se desbarajusta y no puedes llevarla a cabo como quisieras, teniendo que buscar alternativas rápidamente. Y el tiempo que se invierte muchas veces en intentar solucionar los problemas que surgen sí que es excesivo.

    Además, supongo que también habrás comprobado que los recursos digitales que se ofrecen en en Netex, o las actividades del libro  digital de Edebé no suponen una innovación a nivel de aprendizaje significativo. 

    Así que comparto en gran parte tu opinión acerca del tema. Espero que para la próxima semana podamos profundizar sobre este tema en clase.

    Un saludo.

  • Andrea Fernández López

    Hola Natalia!

    Yo también durante estas prácticas pertenecí al mundo ABALAR, y aunque en las primeras semanas me pareció un caos, poco a poco y sobre todo estos últimos días logré verle más ventajas que inconvenientes.

    Lo que me gustaría destacar de tu post, aun a riesgo de parecer una apreciación tonta, es la dinámica que seguían tus niños para guardar y sacar los ordenadores del armario y la presencia del delegados ABALAR. Esta me parece muy interesante, porque verás, en mi mi cole, según estipula el proyecto, tanto para guardar el portátil como para sacarlo del armario, cada niño lo haría individualmente por orden de mesa, no pudiendo haber más de dos personas guardando o sacando los ordenadores.

    Sin embargo, esto es la teoría, porque a la hora de la práctica, durante las sesiones que vi, y para que negarlo, aquellas que impartí yo misma y se utilizó el ordenador, era yo o mi tutor el que sacaba los ordenadores mientras que los niños venían a buscarlos uno por uno. Si se hacía de la manera estipulada los niños tardaban mucho y se perdía mucho tiempo. Para recogerlo, sucedía lo mismo, según se iban apagando los ordenadores, los niños los dejaban encima del armario y éramos nosotros los que los recogiamos para que ellos pudieran sacar el material de la siguiente clase y no se formara un gran alboroto. 

    Por esto, mi apreciación en cuanto a este tema, porque según mi punto de vista lo que se hace en tu cole me parece una buena alternativa.

    Un saludo Natalia! 

  • Natalia Fdez Montero

    Moitas grazas polas vosas aportacións, Alba e Andrea! Wink

    Con respecto á posible innovación que poden ofrecer, tanto Edebé como Netex, comparto opinión contigo, Alba, pero si debo dicir que Netex, dende o meu punto de vista, é máis innovador ca Edebé, polas razóns que xa publiquei no anterior post, como por exemplo, que conta con actividades interactivas onde os/as nenos/as se poden avaliar; é máis, na materia de Inglés, contén actividades que potencian o usa da lingua e fomentan a competencia comunicativa, cousa que en Edebé non ocorre, xa que, a parte de non contar con actividades interactivas, os exercicios que propón son todos de tipo mecánico, completar, repetir..., cousa que non favorece, como xa dixen, a aprendizaxe significativa.

    Con respecto ao que comentou Andrea, non me parece unha apreciación tonta para nada, xa que, non todos os centros contan cun plan que facilita a orde da clase. Digo isto, porque nas miñas primeiras prácticas, a clase e a súa organización era un caos (falo tanto fóra como dentro do Proxecto Abalar), pero, neste centro, no cal estiven no Prácticum II e neste Prácticum, xa que se levantaban todos/-as para gardar as libretas, para coller os libros...; porén, neste centro, en cada trimestre teñen tres tipos de delegados, e dous/dúas nenos/-as levan a cabo cada función:

    • Dous/Dúas delegados/-as de orde, que se encargan de, cando empeza a xornada escolar, anotar a data na pizarra en galego, castelán e inglés, e, en cada saída ao recreo, vixían de que tanto as mesas como as cadeiras dos seus/súas compañeiros/-as queden ordenadas, e no caso de que non estean, colocalas axeitadamente. Ao rematar a xornada, limpan o encerado, gardan o pórtatil do/da mestre/-a no caixón da mesa do/da mestre/-a (no caso das aulas que non teñen Proxecto Abalar) e coidan de que todo quede ordenadiño.      
    • Dous/Dúas delegados/-as de clase, que son os encargados de repartir os libros, libretas, ir a conserxería por xiz se é preciso...; así como recoller todo o material. Tamén son os encargados de poseer a chave da aula, a cal deben pechar todos os días ao rematar a xornada escolar.
    • Dous/Dúas delegados/-as de biblio e Abalar, que se encargan de todo o que xa mencionei no post anterior referido ao Proxecto Abalar, e de anotar os libros que tanto eles/-as como os/as seus/súas compañeiros/-as collen para levar para casa.

    Estes delegados/-as, cambian cada trimestre, para que todos/-as poidan participar na correcta orde da aula, e así, potenciar valores como a responsabilidade. Dende o meu punto de vista, creo que é unha proposta moi ben pensada e plantexada. Smile

    Un saúdo!