Experencia Prácticum III

Por María Comentarios (4)

Boas! Quería comentarvos un pouco a miña estancia nun colexio público situado en Santiago de Compostela.

Eu estiven en primeiro de Primaria, pero nas horas de inglés, música ou relixión tiven a oportunidade de visitar outras aulas da escola. Na miña aula, como en todas as de primaria, había unha pizarra dixital, un ordenador e un proxector. Ao meu titor gustáballe moito empregar a pizarra dixital e tentábao facer dunha maneira innovadora. Ademais consideraba que o uso da pizarra dixital motivaba aos nenos e certo era. Deseñaba xogos educativos na pizarra dixital para que os nenos puidesen interactuar entre eles e aprender dunha maneira divertida. Este mestre tiña pensado abandonar o libro de texto, pero por cuestións axeas a el, non puido facelo. Por iso, empregaba as TIc o máximo que podía.

En cambio, asistín a unha clase de informática, materia da cal tiñan unha hora semanal e dáballes outro mestre. Este o único que facía era poñerlle o repaso online de Santillana onde repasaban matemáticas. A situación era a seguinte: 17 nenos sentados fronte a cadanseu ordenador cuns cascos nas orellas. Invidualismo?

Como xa comentei, puiden asistir a outras aulas nas miñas horas libres e na maioría, ía para sexto de Primaria onde estaba implantado o proxecto Abalar. As sesións que puiden presenciar resúmense nunha ampliación do libro de texto, pero empregando ordenadores. Cada neno con cadanseu ordenador e traballando independentemente. Eu creo que máis que fomento do espírito de grupo ou mellorar o uso das TIC, quedouse niso que di esa lei que dín que é de educación, chamada Lomce de: fomenta a competitividade e para iso, non traballes de maneira cooperativa.

Creo que xa vimos incidindo bastante no tema de caer no tradicionalismo empregando as TIC.

Que opinades?

Comentarios

  • Paula.Boquete.Lopez

    Bos días María,

    Moi interesante o que comentas. Durante estos días estamos a comentar todas as nosas experiencias nos colexios e realmente a idea xeral é a que ti describes. Existen recursos nas escolas pero totalmente infravalorados ou utilizados dunha forma moi tradicional.

    O meu caso é moi parecido ao teu. Durante as miñas prácticas nunha aula de 5º de Primaria tiven a oportunidade de compartilas cunha mestra moi formada, que sabía utilizar os recursos e de feito, o facía dunha forma verdadeiramente motivadora e innovadora.

    Pero víase todos os días nunha rutina de loitar contra os demais compañeiros que non compartían esa forma de traballo. Na miña opinión, por falta de formación e por ignorancia das oportunidades que estos recursos nos ofrecen.

    Unha vez máis cáese na necesidade de formación e actualización do profesorado.

  • Miguel Angel Avilés Pousada

    Hola María, estou totalmente dacordo contigo no indiviualismo que se xenera nalgunhas aulas co uso das TICs. Nos tamén iamos unha hora a semana a aula de informática e tiñamos a mesma situación que comentas, alumnos con auriculares mirando as pantallas dos ordenadores. Eu estiven nunha aula de 3º, na que se implantou este ano a LOMCE e non vin ninguha diferencia significativa respecto o ano anterior, máis alá da separación de Coñecemento do Medio en Ciencias Sociais e Ciencias Naturais. No referente as TICs, nada cambiou. Tiñamos ordenador e pizarra dixital na aula, pero en toda a miña estancia no colexio case non se usaron, e como dis ti, o uso era para continuar o traballo ca versión dixital do libro de texto. 

    Estou con Paula en que é necesaria formación e actualización do profesorado (formación permanente) pero sobre todo voto en falta motivación no profesorado que nos leve a ese interese por seguir aprendendo.

  • Marta

    Hola, María:

    É moi interesante do individualismo do que falas, de feito, escribin unha entrada sobre a miña experiencia na aula do hospital que fala disto.

    Ademais, estou dacordo cos meus compañeiros, e considero que moitos dos docentes actuais non teñen a formación que correspondería para poder aproveitar e sacar o máximo partido dos recursos TIC. En qué beneficia poñer aos nenos diante dun ordenador a repasar? E o mesmo que facelo diante dun libro. 

    Moi interesante a túa entrada.

  • María

    Grazas polas vosas aportacións.

    Eu sigo dándolle voltas a iso que dicimos en bastantes clases desta materia: Falla a preparación do profesorado? O profesorado ten medo a verse envolto nunha situación da que non poida saír con respecto ao emprego das TIC?