As modalidades de formación do profesorado

Durante este cuatrimestre vimos indagando en cuestións relativas á formación profesional do profesorado, é dicir, intentando dar respostas. O ano pasado da man da profesora María Dolores Tilve e da materia Avaliación de Programas brindóusenos a oportunidade de ler o libro “Modalidades de formación del profesorado en ejercicio: Análisis de la realidad gallega” de dita docente, o cal nos recomendaron rescatar para a materia que actualmente estamos a cursar xa que garda moitísima relación coa mesma. Polo tanto, con esta nova entrada a red social stellae quero rescatar cales son as distintas modalidades de formación ás que poden acceder o profesorado.

Estas modalidades de formación son deseñadas coa intención de que se satisfagan ben as necesidades como as demandas de formación do profesorado, tendo en conta o aproveitamento dos recursos dispoñibles, priorizando esta dende os propios centros onde se desenvolven profesionalmente. En palabras de Tilve, a finalidade principal dentro de calquera modalidade de formación do profesorado é a de actualizar e perfeccionar ó profesorado, tanto en cuestións epistemolóxicas, técnicas e didácticas que permitan o seu desenvolvemento profesional e lle axuden a superar as adversidades que se presenten dentro da súa práctica docente. Deste modo, permitiralles crecer tanto a nivel persoal como profesional.

No libro “Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio: análisis de la realidad gallega” preséntanse as seguintes modalidades de formación:

Cursos: modalidade tradicional máis ofertada, podendo ser presencial ou a distancia. Os cursos foron moi promovidos por parte dos Institutos de Ciencias da Educación e a UNED. Considéranse beneficiosos xa que permiten adquirir coñecementos profesionais, son opcionais en canto á oferta e porque impulsan a actividade reflexiva da práctica profesional. Sen embargo, son excesivamente teóricos, descoñecen cuestións acerca do facer do profesorado e das necesidades dos centros educativos e pola escasa aplicación práctica que teñen na aula.

Xornadas: accións formativas intensivas, xeneralizadas e abertas para o profesorado. Posúen un carácter informativo e reflexivo acerca de experiencias educativas. Ademais son interesantes porque permiten que o profesorado se relacione e se perfeccione. Non obstante, dubidase da súa calidade en canto aplicación do adquirido nas aulas.

Congresos: moi similar á anterior, posúe tamén un carácter intensivo nas que se compartan experiencias educativas, análises de temas educativos, asesoramento profesional…

Encontros: aportase información especializada e rápida a varios profesores, mediante o intercambio e comunicación de experiencias pedagóxicas, que logo poderán rescatar e desenvolver na súa práctica. Fomenta a participación activa dos profesores pero dubidase da súa calidade e posterior aplicación.

Symposiums: modalidade coa que se permite contrastar opinións en canto a posibles problemas profesionais ou intercambio de experiencias educativas.

Conferencias: modalidade de formación puntual sobre cuestións de interese moi específicas no profesorado.

Mesas redondas: Baséanse no coñecemento e na difusión de experiencias innovadoras ou na indagación dunha temática moi específica. 

Debates: consiste nun foro aberto no que os profesores discuten e aportan o seu punto de vista sobre un tema en concreto.

Seminarios permanentes: modalidade na que participan un conxunto de profesores que coa implicación dun experto indagan sobre un tema educativo, maioritariamente relacionado coa labor docente. Resulta ser moi conveniente para traballar temáticas de acción titorial e de avaliación. 

Grupos de traballo: modalidade na que participa un grupo de profesores que indagan nun temática ou problemática educativa. Este tipo de modalidade fomenta o traballo en equipo, axuda a actualizar coñecementos científicos e didácticos, ofrece información sobre a elaboración de proxectos educativos, permite reflexionar sobre os procesos de ensino-aprendizaxe, coñecer e experimentar propostas didácticas e elaborar materiais didácticos. Gozan de gran valor entre o profesorado.

Proxectos de investigación ou innovación educativa: tipo de modalidade que nace a raíz das inquietudes ou preocupacións por parte do profesorado ou por iniciativa da Administración Educativa orientado cara a unha mellora da calidade da ensinanza en particular e do sistema educativo en xeral. Dita modalidade, supón unha oportunidade de aprendizaxe para o profesorado coa finalidade de innovar as prácticas educativas. Goza de gran valor entre o profesorado e a Administración xa que posibilita o traballo en grupo e un clima relacional máis directo entre os profesionais. Sen embargo, require unha dispoñibilidade temporal da que os profesores a penas contan.

Proxectos de formación en centros: son propostas de autoformación que se desenvolven dentro dun centro educativo que partindo da autonomía pedagóxica, xestión e organización dos centros pretende potenciar procesos de análises, reflexión e debates sobre aspectos da vida dos centros coa finalidade de mellorar a toma de decisións sobre a práctica educativa (novos enfoques metodolóxicos, aprendizaxe colaborativo entre os docentes, apoio á investigación educativa, dinámicas de traballo…).

Investigación-acción: é unha modalidade de formación na que cada profesor se converte en investigador e reflexiona sobre a propia actividade profesional coa finalidade de que identifiquen , comprendan e resolvan os problemas que xorden dentro da aula, é dicir, reflexión e mellora sobre a propia práctica educativa. Este tipo de modalidade pode levarse a cabo de forma individual, colaborativa ou participativa.

Biografías profesionais: modalidade na que se lle brinda a oportunidade de reconstruír a súa propia formación partindo da súa historia de vida profesional, é dicir, consiste nun itinerario formativo en función do seu desenvolvemento tanto persoal como profesional mediante a reflexión da praxis cotiá e as súas innovacións. Polo tanto, tratase dun programa de formación integrado na propia vida profesional do profesorado.

Talleres didácticos: unha modalidade formativa que consiste en que o profesorado reúnese coa finalidade de elaborar a maior parte dos materiais didácticos para logo empregalos nas aulas.

Bancos de recursos: nesta modalidade o profesorado crea fontes de recursos que a continuación serán obxecto de experimentación curricular.

Licencias de estudo: modalidade de formación individual que facilita a ampliación de estudos ou para a realización de investigacións. Nelas o profesorado queda exento da docencia xeralmente durante un curso escolar. A finalidade principal destas licencias radica en completar e reforzar a formación inicial do profesorado. Gozan de pouco valor por parte da Administración pero en cambio son moi valoradas polo profesorado.

Períodos prácticos: modalidade de formación que inclúe tanto prácticas en empresa como outro tipo de intervencións similares. Son considerados como medios que facilitan a actualización na formación científica-tecnolóxica. Estes poden ser realizados a curto, medio ou longo prazo.

Asesoramento directo: é unha modalidade de formación baseada no asesoramento con expertos sobre demandas ou problemas presentados por parte dos profesores e dos centros.

Formación a distancia: como o seu nome indica é unha modalidade de formación que non require asistencia presencial por parte do profesorado, polo tanto, pode acceder a formación sen estar fisicamente no lugar.

Chegados a este punto, como ben fai referencia Tilve (2000) as diferentes modalidades de formación para o profesorado presentadas anteriormente son promovidas e ofertas por varias institucións. Entre elas destacase principalmente a Administración Educativa, os Centros de Formación e Recursos, a Universidade e as Organizacións do profesorado e en menor medida por institucións privadas (empresas, editoriais…) e por parte de institucións públicas (Deputacións Provinciais, concellos…).

En definitiva, como puido observarse no conxunto desta entrada podemos dicir que existen multitude e variedade de modalidades de formación dispoñibles e de acceso para o profesorado. Sen embargo, penso que a maioría do profesorado ou estudantes en formación descoñecen a existencia de moitas delas porque non se lles proporciona información ó respecto ou tamén porque aínda non foron o suficientemente investigadas en canto a súa proxección práctica.

Por outra banda, considero que moitos docentes decántanse por modalidades de formación de carácter individual porque non dispoñen de tempo suficiente como para participar noutras que requiran un labor ou traballo en equipo con outros compañeiros de profesión a pesar de que resultan moito máis proveitosas. Isto non ocorrería se a formación se incluirá dentro da xornada laboral xa que realizar unha cousa e a outra por separado resúltalles moi complicado polo que acaban sacrificando os seus intereses.

Por último, quero dicir que dito libro me axudou a recopilar cuestións que se trataron no pasado de forma moi superficial pero que considero que son fundamentais para esta materia xa que son os piares básicos da súa temática, é dicir, cobrando agora unha maior significado.

Bibliografía:

Fernández Tilve, M.D (2000). Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio: Análisis de la realidad gallega. Granada: Grupo Editorial Universitario.

Comentarios

  • xeila raposo rodríguez

    Me resulta muy curioso que existan tantas alternativas para que el docente puede desenvolverse y llevar a cabo su práctica, y que nos quedemos siempre en lo más sencillo o en lo más cómodo. Del mismo modo, como haces mención, casi todas fomentan un carácter individualizado, sin embargo no estoy de acuerdo con lo de tener tiempo, porque tampoco es un trabajo tan forzoso ni que implique grandes gastos. Muchas gracias por recopilar el libro que dimos el año pasado, un saludo :)

  • Tania

    Creo que has proporcionado información muy importante tanto para la formación permanente de los docentes como nuestra futura formación, porque tanto los docentes como nosotros, los pedagogos, podemos formarnos y adquirir más conocimientos que los adquiridos durante la carrera. Y a la hora de hablar sobre fomentar el carácter individualizado esto dependerá también del profesorado que tiene que ser consciente de que compartir los conocimientos proporciona reflexión y aprendizaje de otros docentes.

  • Miguel Angel Avilés Pousada

    A nosa formación como docentes non debe rematar nas aulas e durante toda a nosa vida profesional non deixaremos de adquirir habilidades e coñecementos se estamos predispostos a elo. Temos o alcance, como ven indicas, multitude de opcións de formación que nos permitan seguir mellorando no noso traballo, pois é clara a necesidade que temos as personas de seguir adquirindo ferramentas que nos permitan adaptarnos o entorno cambiante que nos rodea, por poñer algún exemplo, formandonos en idiomas, en novas tecnoloxías, etc...

  • Leticia Gallardo

    Grazas por rescatar este libro e proporcionarnos este resumo de todas as modalidades de formación, aspecto moi útil nos temas que estamos a desenvolver na aula. Moitas delas xa as tiña esquecidas, porque ó falar de formación sempre se nos ven á cabeza o termo de "cursos" ou "cursiños", e agora puiden recordalas, dándolle un significado senón maior (como ben ti dis), sí distinto e dende outra perspectiva, xa que podo unir isto a outros conceptos que fomos vendo nestes meses e que amplian o noso coñecemeno ó respecto desta temática. Saúdos!!!Wink

  • Mirian Cortiñas Pérez

    Moi boa idea a de rescatar ese libro Adriana!. Lémbrome que cando o traballaramos con Tilve, quedaramos impresionados sobre todas as modalidades de formación que se recollían e que non tiñamos moita idea das mesmas. Finalmente, na miña opinión, considero que tamén se debería recoller dentro de modalidades de formación a investigación-acción colaborativa, que estivemos vendo ultimamente, xa que penso que se trata dunha forma de formación activa e directa na que os propios docentes participan en aprenden da esperiencia.

    Un sáudo!

  • Olaia Gude Urdangarín

    Boas Adriana!

    Paréceme sumamente interesante a túa entrada! pois con ela deixas espazo á reflexión sobre aspectos como puntos fortes e febles de cada modalidade, oportunidades de aprendizaxe de cada unha etc

    O feito de que fagas unha reciclaxe neste momento do libro de Tilve, tamén nos fai ver, hoxe por hoxe, estas modalidades dende unha perspectiva diferente, máis ampla, xa que grazas a estar situadas nunha materia como esta, temos un punto de vista máis rico en canto a este tema.

    Un saúdo!

  • Estefanía Pereira González

    Boas tardes Adriana! Coincido coas miñas compañeiras en que tiveches unha moi boa idea ao rescatar o libro lido o ano pasado para a materia Avaliación de programas. Ao igual que Xeila, opino que a pesar das múltiples alternativas que existen para que os profesores desenvolvan a súa práctica, estes sempre optan pola mesma opción, a cal sempre soe ser a máis sinxela. Deberiamos reflexionar sobre esas alternativas e poñelas en práctica, xa que ésta tamén é unha forma de innovar.

    Un saúdo