Como dar unha clase sen dar clase? Que? Como?

Boas noites a todos/-as!

Nesta entrada quero compartir con todos/-as vós un enlace a unha páxina dun blog, que acabo de ler, xa que está relacionado, de certa forma, con algunhas das cuestións que estamos traballando na clase. O enlace é o seguinte: 

http://kcy.me/18t59

Que vos parece esta forma de traballar? É factible?

Agardo as vosas respostas, Natalia. Smile

Comentarios

  • Zoraida Golobardas Magdalena

    Buenas tardes Natalia! 

    Tal y como se recogen en otras entradas o comentarios, todo resulta interesante y factible si sabes como llevarlo a cabo de la mejor forma posible; y/o si de ello obtienes los resultados esperados.

    Cada clase es un mundo, y lo que para algunos puede resultar productivo, para otros puede no serlo tanto. Por lo tanto, y parejo a determinar si es o no factible, habría que reflexionar sobre el margen de error ( o el "riesgo")que estamos dispuestos a asumir.

    Un saludo Smile

  • Adelaida Carballude Losada

    Buenos días, Natalia.

    En la entrada que realizas, "Como dar unha clase sen dar clase? Que? Como?", deixas unha pregunta aberta para manifestar o noso punto de vista, polo tanto voute facer chegar a miña humilde opinión.

    Ao meu parecer, no blog, fálase de unha nova forma de traballar, pero para min non resulta innovadora, polo que vimos falando nas aulas. Hai que saber empregar a tecnoloxía de forma adecuada, e no caso que se está comentando, o feito de que a profesora grabe unha clase, non vai moito máis alá de proxectar en pantalla, un vídeo dunha mestra que tes diante túa, porque ese día non teña moitas ganas de dar a clase. Fálase de que hoxe en día a ensinanza ten que ser interactiva, e nesa proposta, ¿Onde queda a interacción?

    En canto a súa posta en marcha, creo que se pode levar a cabo en calquera aula, que dispoña dos medios audivisuais que require esta forma de traballar; as dificultades que podemos atopar, serán as mesmas que aparecen nunha clase maxistral.

     

    E para finalizar debemos de ter en conta que  "La tecnología es un arma que si no se sabe usar nos podría destruir". 


    Sabemos que se poden levar a cabo metodoloxías moi innovadoras, usando tecnoloxía, pero sempre teremos en conta as necesidades do noso alumnado.

    Un saúdo.