Xustifica a túa resposta - Novas tecnoloxías para aula. Blog interesante!

Bos días, compañeiros/-as.

Despois de continuar indagando cousiñas no blog que onte vos comentei, atopei un espazo adicado ás novas tecnoloxías, que me pareceu interesantísimo. Este blog contén recursos gratuítos tanto para mestres, como para estudantes, e foi creado por un docente chamado Santiago Moll, que imparte clase en Ciutadella de Menorca. Dito blog, recibe o nome de "Justifica tu respuesta", e o enlace a este é: 

http://justificaturespuesta.com/category/nuevas-tecnologias-2/page/2/

Por outra banda, quero profundizar, concretamente en tres entradas do mesmo, xa que onte, na aula, tratamos o tema dos PLE´s (Entorno Persoal de Aprendizaxe), polo que creo que isto, está intimamente ligado; explicaréivolas polo miúdo:

-Tres plataformas educativas para ser, sen dúbida, mellor docente. Neste entrada, o autor explica tanto o uso como as características de tres plataformas relacionadas coa educación, tales e como son INEVERYCREA, TICHING e DIDACTALIA. 

Enlace: http://justificaturespuesta.com/3-plataformas-educativas-que-te-haran-sin-duda-mejor-docente/#more-7260

-Dez razóns para crear unha Páxina en Facebook como docente. O autor cóntanos a súa experiencia tras un ano da creación da súa páxina educativa en Facebook, e coméntanos as razóns a favor da creación dunha.

Enlace: http://justificaturespuesta.com/3-plataformas-educativas-que-te-haran-sin-duda-mejor-docente/#more-7260

-Para que serve o Google Drive na aula? O autor expresa que é o Google Drive, como se pode usar esta ferramenta na aula, que se pode crear con ela, e os beneficios da mesma.

Enlace: http://justificaturespuesta.com/para-que-sirve-google-drive-en-el-aula/#more-5399

Credes que co uso destas ferramentas se poden alcanzar diversas metas vinculadas á adquisición de novas competencias?

Un saúdo, Natalia. Smile

Comentarios

  • ALBA

    Hola, Natalia, y enhorabuena por tu hallazgo. Veo que has investigado y has encontrado herramientas y recursos muy interesantes de cara a integrar en nuestro proyecto de aula acerca del PLE.

    Además, con respecto al recurso de google drive, durante mis prácticas los niños de mi aula lo utilizaban y sí es una manera de fomentar el trabajo cooperativo y de ofrecer un sinfín de posibilidades de cara a una dinámica de trabajo muy eficiente.

    Por lo que te felicito y espero que sigamos buscando otras herramientas juntas.

    Un saludo. Wink