Formación continua, si ou non?

O outro dia nunha das sesións de clase xurdiu un tema de debate moi interesante, a formación continua na educación.

É necesaria a formación continua na educación? Na miña opinión si, por suposto que si.

A sociedade avanza cada vez máis, cada día xorden novos inventos, novas técnicas e tecnoloxías que cambian a nosa forma de vivir e de ver o mundo. E todos estes cambios requiren máis que nunca dunha adaptación.

Por poñer un exemplo, unha empresa do sector privado que non lle dea importancia á formación continua e non se adapte aos requerimentos dun mercado en continua evolución está destinada á quebra.

Do mesmo xeito que non somos capaces de imaxinar o noso sistema sanitario público carente de formación continua, ninguén querería ser atendido por un médico cunha formación anticuada, que emprega técnicas que fai 30 anos que quedaron desfasadas e que non coñece os avances que se fixeron nos últimos anos na medicina.

Sen embargo na educación non parece importar, xa que en moitos casos, se comparamos a forma de dar clase de fai 40 anos coa de ahora, vemos que segue sendo a mesma. Esto quere decir que a forma de educar que se empregaba antes era tan boa que é atemporal? Que é unha forma de educar perfecta que non precisa de cambios nin de melloras? Pois na miña opinión está claro que non.Non digo que sea mala nin que sea boa, eso é cuestión de opinións e puntos de vista, tan só que non é perfecta. E por moito que se traballe nunca se vai chegar a perfección, sen embargo sempre se debe de seguir avanzando e isto é algo que no sistema educativo a veces se olvida.

 

Por outra parte na mesma sesión de clase discutiuse sobre se a formación continua debía de ser opcional ou continua. Eu persoalmente nunca fun partidario de obligar a un profesor a que se siga formando obrigatoriamente, creo que este tipo de accións sempre son mellores cando a iniciativa sae do profesor por propia motivación que cando se fai mediante coacción dalgún tipo. Do mesmo xeito que todos poñemos máis ganas cando algo sae de nós por motivación propia que cando nos presionan a facelo.

Sen embargo, se te paras a pensar, que pasa cando os membros do sistema educativo non teñen a iniciativa de seguir formándose? Está claro que existen maneiras de incentivar a formación continua na educación sen caer na coacción e na obriga, de xeito xa se aplica no noso sistema educativo actual como unha maneira de promocionar a un cargo de maior responsabilidade. Pero estas medidas non poden garantir que o corpo do profesorado do noso país ao completo goce de formación continua.Pode haber nun colexio de 20 profesores 19 que se impliquen na formación continua, sen embargo con que só un profesor non reciba formación continua xa se está creando unha desigualdade, a cal non sería xusta para os seus alumnos.

O noso sistema educativo ten que garantir igualdade, está claro que non todos os profesores son iguais, uns impartirán mellor as clases e outros peor, pero si que se deben de garantir uns mínimos. É por isto que creo que un mínimo de formación continua debe de ser obligatoria, para evitar que o noso sistema se quede anticuado e para que non se creen desigualdades que poden acabar perxudicando aos alumnos. Todos estan de acordo en que a educación é a base da sociedade, tan importante como a sanidade ou o sistema laboral, polo tanto é o momento de tratala coa mesma seriedade.

Comentarios

  • Leticia Gallardo

    Estou dacordo co que expós Iván. Efectivamente a formación continua convertérse no motor de actualización e que permite desenvolver a actividade profesional do mellor xeito posible. Pero, como ben dis, ás veces, non existe iniciativa por parte dos docentes, polo que eu tamén considero bo que se requiran uns mínimos obrigatorios de formación permanente para que, cando menos, se actualice o básico. Un saúdo.

  • Adriana Mayán

    Interesante aportación Iván!!!

    A formación continua é fundamental xa que é o medio que nos permitirá actualizarnos constamente, podendo adaptarnos ás necesidades educativas que vaian xurdindo e do momento. Sen embargo, eu son tamén das que penso igual ca Leticia e ti que si non existe unha conciencia e iniciativa propia, é dicir, un compromiso moral dos profesores coa propia profesión de nada serve, deles tamén debe saír a vontade de seguir formándose. Por iso, tamén penso que como ben di Leticia é preciso polo menos requerir duns mínimos obrigatorios de formación permanente e tamén de facilitar información e formación sobre a existencia dos mesmos por parte das institucións ou organismos.

    Grazas e un saúdo .

  • Ana María Rey Calvo

    Fai uns días publiquei unha entrada facendo referencia ó tema que expós e coindido con todos vos en que a formación formación contínua é un elemento indispensable no desenvolvemento profesional do profesorado. Isto, non quere dicir que se lle teña que imporñer xa que, de ser así penso que a farán porque se verán obrigados e os resultados non serán de todo positivos. Debe sair deles mesmos formarse e actualizarse en función das súas debilidades e para iso, o que se necesita e crear conciencia entre este colectivo para que se comprometan seriamente coa súa labor e se adapten ós cambios que lles vaian xurdindo.

    Un saúdo!

  • Carla Deira Noya

    Unha boa entrada Iván!! Dende o meu punto de vista, penso que a formación é un aspecto imprescindible na formación de calquera profesional, e máis na educación, xa que vivimos nunha sociedade en continuo cambio e debemos formarnos para poder atender ás necesidades e expectativas de cada quen, intentado lograr unha educación de calidade e un benestar social. Tamén penso que dende unha formación inicial dende a universidade, deben concienciar ao alumnos desta necesidade de seguir formándose. Un saúdo!

  • Estefanía Pereira González

    Interesante entrada Iván. Estou totalmente de acordo contigo, considero necesaria a formación continua no profesorado xa que como ti mesmo dis a sociedade avanza cada vez máis,  xorden novos inventos, novas técnicas e tecnoloxías as cales os docentes deben adaptar e levalas ás aulas, posto que están educando a nenos e nenas para vivir na sociedade. Un saúdo!

     

  • Nahyr

    Estou dacordo coa idea que presentas de que a formación continua do profesorado é imprescindible para que este poida adaptarse ós cambios da sociedade e da educación. Ó igual ca ti, considero que a obrigatoriedade da formación non é de todo a solución, posto que tal e como dixemos na clase, se se obriga ó profesorado a realizar unha determinada modalidade de formación continua sen que isto sexa do seu agrado, é posible que non se dea a autoformación e só teñan lugar as mediacións, e polo tanto, que esta formación non teña os resultados esperados. Creo que a importancia desta cuestión radica na importancia de que no profesorado se cree e se asente unha cultura de formación continua na que este colectivo sexa consciente das posibilidades deste tipo de formación.

    Saúdos ;)

  • Olaia Gude Urdangarín

    Boas Iván!

    Dende o meu punto de vista a formación continua do profesorado preséntase hoxe en día totalmente indispensable para a boa práctica docente, xa que estamos sumerxidos nunha sociedade totalmente cambiante, e, como xa se aludiu en entradas anteriores, actualmente dispoñemos dunha "educación líquida", isto é, que se vai transformando de xeito constante e a velocidades impresionantes.

    É por todo o anterior, polo que se precisa dunha formación continua e permanente do profesorado ó longo da vida, para que os mestres saiban enfrentarse sen problemas e inseguridades a todos estes cambios e demandas sociais.

    Interesante entrada! Un saúdo! :)

  • Lourdes Montero

    Unha entrada que estimula tantos comentarios suscita curiosidade. Por qué a cuestión da obligatoriedade ou a opcionalidade da formación continua levanta tanta aquiesciencia, acordo, entre quen participou neste debate? Atopámonos ante un dilema -un falso dilema?- que non descansa só na vontade de profesores e profesoras, senon no contexto (micro, meso e macro) que configura á profesión docente. Qué pasa co modelo de opcionalidade vixente no noso contexto? Por qué este modelo e non  o da obligatoriedade? Habería outras alternativas á dicotomía opcionalidade/obligatoriedade?

    Saúdos

    Lourdes

  • Ivan Calviño Gomez

    Esta claro que todos coincidimos en que no noso sistema educativo a formación continua debe de ser unha das bases. Tal vez o punto máis polémico sexa o de que esa formacion deba de ser obrigatoria. Sei que o feito de impoñer algo poida ser un pouco forte, pero creo que a educación é tan importante na nosa sociedade que debe de estar sempre actualizada. Por iso suxerín que se debian de establecer uns mínimos obrigatorios de formación continua para que non nos quedemos anticuados.

    Alégrame que compartades a miña opinión sobre este tema, e moitas gracias polos comentarios :)