Formación e desenvolvemento profesional do profesorado

Formación e desenvolvemento profesional do profesorado

Formación e desenvolvemento profesional do profesorado

Tesis Doctoral

O luns 17 de novembro, as 10,30 da mañá, terá lugar na Sala de Xuntas da Facultade (edificio central) a presentación e defensa da Tese de Doutoramento de Sandra Oliveira Cardoso, titulada: A formaçao continua de professores como resposta para a equidade e sucesso educativos: avaliaçao, TIC e difereciaçao. Um estudo de caso. Está dirixida por min e por Teresa Esteban, Profesora Dra da Universidade de Niteroi (Brasil).

O tribunal que xulgará a tese esta configurado polos profesores/as doutores: Juan Manuel Escudero Muñoz, UMurcia e profesor Honoris Causa pola USC, Angeles Parrilla, UVigo, Adriana Gewerc, USC, David Rodrigues, UPortucalense e Almerino Alfonso, UMinho.

Sandra é profesora de Educación secundaria e formadora de professores na formación continua en Portugal. A tese recolle a experiencia de formación dun grupo de profesores durante máis de tres anos. É, na miña opinión, un traballo precioso e riguroso.

Invítovos a asistir. Tereis ocasión de observar unha magnífica investigación con incidencia na vida e no desenvolvemento dos profesores que participaron nela.

Saúdos

Lourdes