• Blogs
  • Carla Deira Noya
  • A formación continua do profesorado: a formación continua debe ser voluntaria ou obrigatoria?

A formación continua do profesorado: a formación continua debe ser voluntaria ou obrigatoria?

A semana pasada na clase xurdiu un debate moi interesante e  na clase de onte, onde levamos a cabo a técnica “acuario” volveu a saír a temática da formación inicial e continua do profesorado, entón decidín facer unha breve reflexión sobre a formación continua concretamente.

A UNESCO no ano 1975 define a formación permanente ou continua como “un proceso dirixido á revisión e renovación de coñecementos, actitudes e habilidades previamente adquiridas, determinado pola necesidade de actualizar os coñecementos como consecuencia dos cambios e avances da tecnoloxía e das ciencias”, o cal penso que esta formación é un elemento clave a vez que é un aspecto clave no desenvolvemento profesional do profesorado, destacando tres liñas ou eixes como establece Imbernón (1994) que a diferencian da outra etapa da profesionalización (formación inicial) os cales son:

  • Reflexión sobre a práctica (mediante a análise da realidade educativa) a comprensión, a interpretación e intervención sobre ela.
  • O intercambio de experiencias, a necesaria actualización e confrontación en todos os campos da intervención educativa.
  • O desenvolvemento profesional en e para o centro mediante o traballo colaborativo para transformar esa práctica e provocar procesos de comunicación.

Tendo en conta estes tres eixes, estes veranse non na etapa teórica, senón que propiamente na práctica, onde se aplicarán as concepcións polas cales se establece a acción docente.

O artigo 56.2 da LOXSE  afirma o seguinte: “a formación permanente constitúe un dereito e unha obrigación de todo o profesorado e unha responsabilidade das Administracións educativas e dos propios centros”, tendo isto en conta recoñecese a dimensión profesional da docencia, ao ver que é unha obrigación de todo o profesorado, pois a sociedade espera dos seus profesionais que estean actualizados no ámbito das súas competencias, sendo o caso dos profesores.Desde o meu punto de vista, e como estudante anos atrás de Maxisterio Educación Infantil, un dos elementos máis clave que deben presenciar a formación inicial debe ser a propia conciencia que o profesorado debe proporcionar o alumnado co fin de que estes se conciencien e sigan a súa formación continua  co fin de ir actualizándonos para  poder dar resposta as necesidades e expectativas da sociedade de hoxe en día, unha sociedade cambiante e  ao mesmo tempo unha sociedade onde cada vez máis debemos formarnos, polo mero motivo de vivir nunha comunidade “competitiva”. Tamén aparte de ser unha obrigación é un dereito que ten todo o profesorado sen distinción algunha e en cuxa satisfacción son responsables tanto as Administracións educativas como os propios centros docentes, non cabendo dúbida, de que a medida que cambian as condicións nas que o profesorado se move , a causa de decisións da Administración, é razoable ter dereito a recibir a formación pertinente para poder responder as novas demandas e esixencias que recaen sobre o profesorado. Asi mesmo, dicir que a formación permanente é un proceso que se constrúe e se reconstrúe continua do saber profesional para responder as demandas dos nos alumnos, de institucións, da sociedade, do propio desafío persoal que cada docente debe ver para realizarse dunha maneira comprometida  coa tarefa educativa que aportan. Tendo en conta isto, a razón de ser da profesión docente en canto a formación continua  deberá ter presente a actualización, a formación e a capacitación deste colectivo co fin  de asumir as responsabilidades de mellorar no contexto dunha sociedade democrática.

Esta formación continua é unha chamada constante ao espírito de superación ,a autorreflexión e a valoración crítica do traballo dos docentes. A función desta formación é estimular a autonomía persoal e profesional dos docentes, a vez que se fagan intercambio de experiencias, visións conxuntas, proxectos de innovación, novos modos de actuación docente máis eficaces,etc. Case sempre os profesores non se ven motivados para seguir formándose, polo mero motivo de que hoxe en día ao profesorado se lle carga de traballo, aparte disto non se lle establece tempo para a formación dentro do horario laboral, cousa que penso que sería un elemento clave para a motivación de que estes profesionais seguiran a formación no horario laboral seguirían formándose e adquirindo novos métodos e estratexias de ensino-aprendizaxe co fin de fomentar nos seus alumnos unha educación de calidade.

Aínda que  na LOXSE se afirma que a formación permanente é obrigatoria e é un dereito, eu cuestiónome isto, esta formación continua, ¿debe ser voluntaria u obrigatoria? Poderíamos dicir que metade e metade. En parte pode ser voluntaria, na medida en que o profesional queira coñecer máis alá do necesario ou imprescindible; e en parte debe ser obrigatoria, na medida en que debe coñecer, al menos, o necesario e imprescindible. O que si é certo é que a organización debería facilitar e permitir que so seus  profesionais teñan fácil acceso ao imprescindible e quizás algo máis. Aparte disto, tamén penso que cando algo presenta a palabra “obrigatoriedade” xa non se toma con tanto entusiasmo como se algo é voluntario podendo ir polos teus propios intereses ou necesidades,  por exemplo, cando o profesor che manda ler un libro de maneira obrigatoria  só o les co fin de adquirir un aprobado, pero non por que realmente che pareza interesante ou teñas gañas de lelo. O mesmo pasa cando ao profesorado se lle impón ir a un curso dende a Administración ou institución, que van para adquirir un determinado diploma, pero non polo seu propio interese ou a necesidade de formarse niso, na maioría dos casos.

Por iso, que pensades vos, a formación continua debe ser obrigatoria ou voluntaria?

                                                 

Bibliografía

Imbernón, F. (1994). La formación y el desarrollo profesional del profesorado. Hacia una nueva cultura profesional. Barcelona: Graó.

Ibáñez-Martín, J. A. et al. (1998).La Profesión docente: diagnóstico del sistema educativo.Madrid: Ministerio de educación y cultura

 

Comentarios

  • Estefanía Pereira González

    Interesante entrada Carla! Respondendo a pregunta que fas no título do teu post, eu persoalmente considero que a formación permanente debería ser unha mestura entre continua e obrigatoria, é dicir, os profesionais da docencia deben ser conscientes de que a súa profesión implica estar continuamente formándose e adaptándose ás necesidades e características do contexto que lles rodea, polo tanto, o feito de seguir preparándose para a súa carreira debería saír deles, sen necesidade de que ninguén lles obrigue a facelo.

    Un biquiño :)

  • Olaia Gude Urdangarín

    Ola Carla!

    Dende o meu punto de vista, a formación continua do profesorado non debera ser obrigatoria en absoluto, pois creo que tódolos procesos que conlevan obrigatoriedade están destinados ó fracaso; á xente non lle gusta ser obigada a facer as cousas, polo cal, a formación continua perde valor no momento en que se presenta con carácter obrigatorio.

    Eu persoalmente, penso, que na nosa formación inicial universitaria, deberíamos ser (in)formados sobre as ventaxas que nos aporta unha formación permanente, o tipo de modalidades que existen, a acreditación que se nos ofrece etc, porque, se non a coñecemos, dificilmente teremos esa necesidade ou cultura de formación continua tan sumamente esencial para a carreira docente.

    Moi boa entrada, un saludo!

  • Carla Deira Noya

    Grazas polas vosas aportacións chicas :) totalmente de acordo coa tua premisa Olaia sobre a formación inicial, xa que penso que é o momento primordial no cal nos deben dar unha certa información básica de cara a nosa formación continua, e tamén facernos "ver" de algún xeito esa necesidade de seguir formándonos e adaptandonos ao contexto no cal vivimos. Un saúdo!