Autobiografía e experiencias como alumno/-a e como docente

Bos días a todos/-as! Smile

Nesta entrada, quero falarvos dalgo que xa foi comentado cando, na clase de "Era Dixital", aló ao principio de curso, tivemos que facer unha autobiografía. Esta semana, dous dos mestres que nos imparten docencia este cuadrimestre, tales e como son Raúl (Xogo Infantil) e María José (Lingua Castelá), tamén nos falaron deste tema; non exactamente dunha autobiografía en si, pero si de como as nosas experiencias previas como alumnos/as, poden influír na nosa futura profesión como docentes.

Un deles, díxonos que o tipo de docentes que seriamos nun futuro, ía estar definido entre a teoría aprendida durante estes anos de carreira e as experiencias previas como alumno/a. 

Vós que opinades sobre isto? Credes que prima unha cousa sobre a outra, ou que teñen o mesmo peso?

Un saúdo, Natalia!

Comentarios

  • Zoraida Golobardas Magdalena

    Boas tardes Natalia! 

    En primeiro lugar darte as gracias por deixar, con este post, un aberto e interesante debate para uns mestres en formación.

    En certo modo estou dacordo tanto con Raúl coma con María, e o exemplo está en moitas das nosas posibles actitudes e comportamentos no periodo de estancia nos centros escolares como mestres en prácticas. É probable que algún de nós deixara a un neno/a sen recreo, ou que o mandara fóra da clase; en definitiva, é posible que fixéramos algo que noutro momento criticamos. Non obstante, que hai de todo o que non fixemos e que fixeron con nós?

    Aínda que queda moito por aprender hai que pensar sempre en positivo, e demostrar que estos catro anos nos pasaron en vano. Por qué non o fixeron verdade ?

    Un saudo!