Estándares de competencia en TIC para docentes

Vivimos nun mundo cambiante e en constante evolución onde as Tecnoloxías da Información e da Comunicación xogan un papel moi determinante, sendo un motor impulsor de crecemento social. Na actualidade, crese que debido o auxe e protagonismo que as TIC teñen, evidenciase a necesidade de introducilas dentro dos procesos de ensino-apredinzaxe, é dicir, tentar adaptar a educación ás necesidades do momento como sociedade tecnolóxica e dixital que somos. Sen embargo, rachar coa ensinanza tradicional e apostar por unha cambio metodolóxico da práctica non é unha tarefa doada, polo que é preciso contar con recursos suficientes e formación profesional.

A día de hoxe, para instaurar unha educación baseada nas TIC é fundamental e moi preciso que o profesorado conte cunha formación e preparación moi especializada e eficiente para que os alumnos poidan aproveitar ó máximo as oportunidades de aprendizaxe que estas nos brindan. Polo tanto, precisase que o profesorado conte con competencias e recursos para que poidan ensinar de forma integral e eficaz.

Como ben dixen antes, apostar por unha educación que incorpore as TIC e que sexa de calidade é un reto difícil, que con ter a vontade de cambiar non é suficiente. Polo tanto, dende a UNESCO afirmase que é necesario ter en conta unha serie de aspectos para que os cambios que se produzan nos diferentes sistemas educativos do mundo sexan o máis produtivos posibles en termos de eficiencia.

Por elo, a UNESCO elaborou un proxecto Los estándares de competencia en TIC para docentes que veu a luz no ano 2008  para superar esas cuestións, é dicir, foi creado co obxecto de axudar os dirixentes dos países a crear e elaborar políticas educativas e modelos nacionais de competencias do profesorado para promover unha mellora na práctica destes en todas as areas, combinando as competencias en TIC coa innovación pedagóxica, o plan de estudos e a organización escolar.

En devandito proxecto, propóñense unha serie de directrices a ter en conta na planificación de programas específicos de formación do profesorado nas TIC que permitan preparalos de forma eficaz para que poidan desempeñar un papel esencial na capacitación tecnolóxica dos alumnos. Sen embargo, ditas directrices non teñen porque tomarse ó pé da letra senón que cada país debería acomodalas tendo en conta o seu contexto e construír os programas de formación acorde o seu sistema educativo.

Xa centrándonos no propio documento, dicir que  este divídese en tres partes: marco de políticas educativas onde se expóñen pautas, formación, estrutura e enfoque; módulo de estándares de competencia no cal se presentan tres enfoques da reforma educativa en canto a alfabetización en TIC, profundización do coñecemento e creación do coñecemento así como os seis compoñentes do sistema educativo (currículo, política educativa, pedagoxía, emprego das TIC, organización e formación docente) dando lugar a distintos módulos e por último as directrices para a aplicación onde se explica de forma detallada o programa de competencias que deberían adquirir os educadores. En resumen, en canto a figura do profesorado este proxecto basicamente pretendía:

- Elaborar un conxunto común de directrices que os proveedores de formación profesional empregaran para identificar, desenvolver ou avaliar material de aprendizaje ou programas de formación de docentes con miras ó emprego das TIC na ensinanza e o aprendizaje.
 
- Suministrar un conjunto básico de calificacións que permitan ós docentes integrar as TIC nas súas actividades
de ensinanza e aprendizaxe, coa fin de mellorar o aprendizaxe dos alumnos e optimizar a realización doutras das súas tareas profesionales.
 
- Ampliar a formación profesional dos docentes para complementar as súas competencias en materia de pedagoxía, cooperación, liderazgo e desenvolvementos escolares innovadores, coa utilización das TIC.
 
- Armonizar as distintas ideas e o vocabulario relativo ó uso de las TIC na formación docente.
 

Máis ou menos o que se quere transmitir é que de acordo cos programas o que se pretende é que se consiga alcanzar unha utilización continua e eficaz das TIC nos procesos educativos, onde o profesorado ten un rol clave nesta tarefa xa que é o único que pode axudar e ensinar ós alumnos a adquirir capacidades e habilidades en materia de TIC, polo que é fundamental que estes adquiran e dominen os coñecementos e habilidades en relación coas tecnoloxías de forma constante e actualizada.

En definitiva, o proxecto Los Estándares de Competencia en TIC para Docentes é un documento interesante que sería recomendable botarlle un vistazo xa que está estreitamente ligado coa nosa materia Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, xa que aquí se aporta unha información detallada en canto  a aspectos claves que deberían reflexarse no deseño de programas de formación do profesorado e na selección de cursos sobre a capacitación tecnolóxica.

O uso das TIC xunto coa innovacións pedagóxica e a organización escolar permitirán mellorar a práctica dos docentes e a calidade do sistema educativo. Por iso é de vital importancia que os programas de formación desenvolvan a integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, tratándose dunha incorporación continua e non meramente como unha introdución de formación unicamente tecnolóxica. De aí o importante de valorar as directrices que propón a UNESCO. Por iso os encargados de tomar as decisións no ámbito da educación e da formación profesional docente deberían empregar este documento como guía coa finalidade de mellorar a formación dos nosos profesores na temática tecnolóxica e lograr así a mellora do proceso educativo.

A continuación presento un vídeo moi breve, conciso e aclarativo en canto ó proxecto Los Estádares de Competencia en TIC para Docentes onde se entende claramente a finalidade do proxecto.

WEBGRAFÍA

Recuperado de: http://redined.mecd.gob.es/xmlui/handle/11162/7702

Recuperado de: http://www.educarchile.cl/ech/pro/app/detalle?id=180485

Recuperado de: http://dianaquiroz.wordpress.com/2012/11/04/ensayo-unesco-estandares-de-competencia-en-tic-para-docentes/

Comentarios

  • Andrea Antón

    Moi boa entrada Adriana. Pareceme moi interesante que se propoñan unha serie de directrices que axuden aos diferentes países a saber como encadrar as TIC nas súas políticas educativas, así como a cración duns modelos nacionais de competencias en TIC  para o profesorado. Ademais pareceme moi importante unha aclaración que se fai no vídeo: a competencia en TIC non consiste en saber manexar certos programas (follas de cálculo, procesador de texto...), se non que profesores e estudantes sexan capaces de apoiar o proceso de ensino - aprendizaxe nas TIC mellorandoo. Para isto os docentes deben ser competentes en materia TIC, convertíndose a formación nunha cuestión elemental así como a crenza de que nunca é tarde para aprender.

    Baixo o meu punto de vista, recóllese moi ben os aspectos fundamentais que atinxen a relación profesorado e TIC.

    Noraboa, un saúdoSmile

  • Nahyr

    Noraboa polo post!!! Ó igual que Andrea, estou dacordo en que é moi interesante que este tipo de organismos propoñan unha serie de guías que axuden ós diferentes países a incluír as TIC nas políticas educativas, valorando en primeira instancia a importancia que ten a formación do profesorado para que esta cuestión se dea de forma eficiente. Deste aspecto considero moi importante que este proxecto ofreza unha guía que os diferentes países poidan adaptar atendendo ós distintos contextos, dado que cada un ten as súas caracteríticas e particularidades e se queremos que se introduzan as TIC de forma eficiente ten que ser atendendo ó contexto.

    Estou totalmente dacordo coas afirmacións que realizas ó final, explicando que é preciso atender que as tecnoloxías da información  e da comunicación se introduzan de forma continua e non só valorando o formación puramente tecnolóxica. A nivel persoal, considero que a introdución das TIC deberían levar implícito un cambio metodolóxico que unicamente se logra coa formación do profesorado nesta cuestión.

    Saúdos ;)

  • Mirian Cortiñas Pérez

    Moi interesante Adriana!

    Descoñecía a existencia  do proxecto Los Estándares de Competencia TIC para Docentes, parece moi novidoso, que sí que existan organismos que se preocupen por unha mínima formación dos docentes en relación cos usos das tecnoloxías, incluíndo deste xeito este aspecto nas políticas educativas.

    En relación coas asfirmacións que aportas, estou de acordo contigo, pero a pesar, diso penso que o aspecto dunha verdadeira formación verdadeira e eficaz en TIC non chegou os centros educativos, e penso que é un tema moi pouco traballado e no que se necesita profundizar.

    Un saúdo!

  • Gabriela Díaz Rodríguez

    Qué interesante Adriana! No conocía esto, lo cual me parece importantísimo ya que es una ayuda y un apoyo para aquellos docentes que quieren y no saben por donde empezar con la innovación en el aula, o para aquellos que en cierta medida no tienen ni interés ni ganas de integrar las TIC. Todos sabemos que son una herramienta esencial de hoy en día, y educar y formar con ellas resulta novedosa, motivando también al alumno. Por ello, me parece muy interesante que nos hagas conocer la aparición de este proyecto, a pesar de que aún no haya llegado a los centros educativos, pues como Mirian, creo que se necesita profundizar más en el tema para que pueda llegar al profesorado y así, permitirles que se formen en cierta medida, sobre cómo integrar las TIC en el aula. Un saludo!