Necesidades formativas do profesorado ante a sociedade do coñecemento

Hoxe vivimos nun mundo de cambio, totalmente dixitalizado onde as Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información teñen una presenza indiscutible, converténdose así nun piar fundamental de desenvolvemento social. Por iso, a escola non pode manterse ó marxe xa que se trata dunha institución relevante socialmente, a cal debe ir acorde ós tempos de hoxe. De aí que algúns autores afirmen que:

“La escuela considerada como un sistema dentro del sistema social, no puede ser ajena a los nuevos medios ya que uno de sus objetivos es el de preparar personas capaces de vivir e integrarse en esta sociedad. Por lo tanto, el curriculum debería recoger asignaturas que hagan referencia a los medios” (Rodríguez Pulido y Aguilar Perera, 1999).

De forma indirecta, estes autores reclaman a presenza das NTIC na escola, integrándoas como parte imprescindible do currículo cunha presenza indiscutible en todos os ámbitos curriculares.

Sen embargo, a súa introdución non é suficiente, entrando aquí en xogo a figura do profesorado xa que serán os encargados de formar ó alumnado en canto esta cuestión para que como cidadáns se atopen plenamente integrados na sociedade a que pertencen, concibíndose ós profesores como axentes socibilizadores. Polo tanto, os profesores serán os responsables de marcar o rumbo das aprendizaxes, apostando polo desenvolvemento crítico dos alumnos e pola transformación social dos mesmos.

A día de hoxe, o profesorado terá que sumir e facer fronte a variedade de demandas, resto ou desafíos sociais que se lle presenten. Sen embargo, non se trata dunha tarefa doada, aparecendo aquí unha serie de necesidades formativas que deberán solventarse.

En primeiro lugar, concienciarse de que debe dominar as novas tecnoloxías para así sacarlle o maior partido pedagoxicamente, tendo que estar plenamente preparado para facer fronte o analfabetismo informático. Para iso terá que aproveitarse das súas posibilidades xa que axudarán a mellorar o aprendizaxe do alumnado (formación individualizada, interactividade, accesibilidade rápida á información…).

Sen embargo, non podemos culpar ó profesorado de mostrarse contrarios o seu uso. Hai que entender que o profesorado séntese inseguro de empregalas na práctica, debido a que contan cunha insuficiente formación inicial que o capacite para devandita tarefa, ó contar cunha soa materia sobre as NTIC. Unha formación que se centra unicamente no manexo instrumental, deixando a un lado aparcado o puramente didáctico que proporcionan estes recursos.

Si a formación inicial é escasa a permanente non ten nada en especial. Simplemente, se contan con modalidades de curso, seminarios e grupos de traballo promovidos por parte dos Centros de Formación e Recursos e Institutos de Ciencias da Educación, en teoría para atopar respostas as necesidades que atoparan na práctica sobre as TIC. A isto hai que sumar a falta de medios,  recursos e mellora das condicións de traballo porque a Administración non asume as súas obrigacións. Carecendo do Hardware dificilmente o profesorado poderá asumir estes novos retos educativos.

En definitiva, ás NTIC convértense nun auténtico desafío educativo, é dicir, unha conta pendente que hai que afrontar.  Como González Guisando apunta no seu artigo en relación ó estudo especializado en Educación “Maxisterio” podemos verificar que o profesorado ten unhas necesidades formativas bastante importantes porque o estudo demostra como máis da metade do profesorado carece de coñecementos para manexar un ordenador e unha parte moi reducida recoñece empregar as novas tecnoloxías na aula.  Ademais, o estudo recolle que unha mínima parte do profesorado,en concreto só o 32% emprega internet.

Queda claro que un 73% do profesorado solicita á Administración a necesidade de proporcionar formación específica sobre o tratamento das TIC, xa que se senten incompetentes e inseguros porque creen que o alumnado posúe máis coñecementos ca eles.

Na miña opinión, antes de facer cambios inesperados no seu educativo é fundamental e primordial inverter antes en formación profesional para o profesorado en materia de TIC. A escola non pode construírse polo tellado, non se pode dotar os centros de recursos se os profesores descoñecen o seu funcionamento e non saben empregalos dende unha perspectiva didáctica e pedagóxica. Non vale de nada ter os medios se non sabemos aproveitalos. Por iso é necesario que os procesos de formación lle proporcionen a adquirir destrezas de comunicación, ténicas de asesoramento persoal, coñecmentos de novos recursos, manexo d actividades técnicas de creatividade...

Ademais, creo que é o momento de empezar a realizar cambios nos estudos universitarios en relación ós maxisterios. A formación inicial de futuros mestres resulta un tanto anticuada xa que só se conta dunha materia obrigatoria acerca das novas tecnoloxías, sendo totalmente insuficiente si logo non exercicio profesional se esixen máis coñecementos dos que posúes. Ademais non me parece lóxico que sigamos tendo a mesma formación que hai trinta anos xa que non é acorde a sociedade do tempo pois os cativos manteñen contacto coas novas tecnoloxía case desde que nacen polo que é preciso asumir ese compromiso. A escola debe adaptarse ós alumnos e non viceversa. De que lles vale aprender algo do que logo non poderán sacar partido fora do ámbito escolar.

Considero que é preciso realizar cambios no sistema educativo de forma paulativa, é dicir, comezar pola formación inicial e permanente para logo aplicalo nos centros educativos.

 

BIBLIOGRAFÍA:

González Guisande, O.M. Necesidades formativas del profesorado ante la “sociedad de la información”. El desafío de las NTIC. Santiago de Compostela: Departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela.

Recuperado: http://www.eumed.net/revced/01cam.htm

Comentarios

  • Nahyr

    Ola!!!

    Noraboa polo post, paréceme moi interesante posto que moitos de nós, cando falamos da integración das TIC nas escolas, sempre aludimos á falta de formación do profesorado nesta temática. Por medio da información e das referencias que presentas, podemos corroborar as nosas apreciacións tendo en conta as necesidades que manifesta o propio colectivo docente.

    Estou totalmente dacordo contigo en que antes de facer cambios radicais no ámbito educativo é preciso valorar as necesidades formativas do profesorado e centrarse en superalas, posto que os docentes serán os protagonistas e os responsables dos cambios que pouco a pouco se vaian sucedendo no ámbito educativo.

    Sañudos ;)

  • Mirian Cortiñas Pérez

    Unha reflexión moi interesante Adriana!

    Sen dúbida, xeralmente, no contexto que nos rodea, o último que se tivo en conta en relación coas TIC foi formar os docentes para emrpegalas; empezouse por dotar as escolas dos recursos tecnolóxicos sen reparar no seu uso tanto polos docentes como polos alumnos. Deberíase, primeiro ofrecer unha formación en relación a aplicabilidade destes medios e despois acompañar o seu uso nas aulas.

    Un saúdo!