Vocación del profesorado.

Fai un par de sesións traballamos unha serie de textos en grupo. O noso en concreto trataba sobre a elección de ser docente, é decir, as condicións e escollas que leva a alguén a decantarse pola profesión de docente.

 

Unha vez máis saltaba o tema da vocación na profesión de educador, un concepto que dende o comezo das clases de formación do profesorado está sendo obxeto de debate cada vez que sae.

Dende o meu punto de vista o concepto de vocación é moi complexo, pero dudo que sexa algo inmutable. Con isto refírome a que non creo no concepto de vocación como unha actividade á que esteamos destinados dende que nacemos. Na miña opinión a vocación é algo que pode ir cambiando, e que tamén pode estar condicionada polas cualidades propias do suxeito. Con cualidades refírome a que unha persoa á cal se lle dan ben as matemáticas pode desenvolver vocación por ser matemático, ou unha persoa con boas condicións físicas pode desenvolver vocación por ser tenista, futbolista ou deportista de calquera especialidade.

Tamén é certo que existen persoas con vocación por unha determinada profesión con cualidades opostas á mesma, pero que conseguen o que se propoñen a base forza de vontade.

Por outra parte a vocación tamén conta con influenzas externas, xente que te inspirou no pasado para seguir unha determinada profesión ou persoas que serviron como modelo a seguir para os demáis. Son moitas as persoas que se decantan pola profesión docente debido a un profesor ou profesora que tiveran no pasado.

É por isto que a vocación é algo que pode cambiar, tal e como expoñen no texto que traballamos en clase, no cal presentan casos de persoas que se adicaban a un determinado traballo e que nun momento da súa vida descubren a súa verdadeira profesión.