PLEducación!

Como estudante de 4º de maxisterio, levo todos estes anos escoitando teorías sobre educación, e reflexionando sobre a necesidade dun cambio, dunha innovación nas aulas, para alcanzar unha metodoloxía activa, e unha aprendizaxe realmente significativa.

E é precisamente neste último ano, cando realmente descubro unha ferramenta útil e sen dúbida, a que máis se aproxima a esta nova educación. De feito, chega a ser un recurso que consegue facer partícipes ao alumnado da súa propia aprendizaxe.

Dúas lecturas foron claves para convencerme das súas posibilidades. Un é E-portafolios. La búsqueda de un sofware coherente en la propuesta de enseñanza, que se trata da base que sostén a plataforma na que agora mesmo estou a subir esta nova entrada. No texto, Fernando Fraga Varela e Adriana Gewerc Barujel refírense ao portafolio coma “un conxunto integrado e estructurado que ten como misión reflexar as evidencias do aprendizaxe do alumno na asignatura”.

Realmente, na miña opinión, supón unha ferramenta de ensino-aprendizaxe fundamental. O feito de poder compartir con compañeiros ideas sobre educación, neste caso, e que estas sexan compartidas, valoradas dun xeito recíproco e totalmente igualitario, xa que todos temos a mesma capacidade de modificación na plataforma.

A segunda lectura que cambiou a miña forma de valorar os PLE foi Entornos de aprendizaje: claves para el ecosistema educativo en red, editado por Linda Castañeda e Jordi Adell.

Neste texto danse pautas sobre o que significa un PLE, definindo o mesmo como “un enfoque pedagóxico cunhas enormes implicacións nos procesos de aprendizaxe e cunha base tecnolóxica evidente”

Realmente, supón unha ferramenta moi útil para correxir o sistema tradicional que pouco deixaba interactuar ao alumnado, aporta estratexias e modos de aprender realmente necesarios na educación. Como se recolle no texto anteriormente citado; as partes do PLE son:

“ferramentas e estratexias de lectura, ferramentas e estratexias de reflexión e ferramentas e estratexias de relación”

E na miña opinión, estas tres ferramentas e estratexias supoñen a base na que apoiar a educación que se precisa nas escolas. Lectura baseada en fontes de información, xerando argumentacións e por tanto reflexións, agrupando todo isto mediante un sistema de relación e cooperación entre os individuos que o forman.

Definitivamente, a min, o PLE convénceme, e a vós? Que vos parece?

Comentarios

  • Nerea Casdelo Mosquera

    Bos días Paula!

    Creo que a todos nos facían falta uns textos que falaran do PLE para estructurar todas as ideas que recollíamos durante as sesións da materia e ver esa definición dunha forma máis clara. Ou esa é a sensación que tiven eu despois de ler os textos.

    A verdade é que abarca, como ben dis, as bases fundamentais para conseguir unha aprendizaxe significativa por parte dos alumnos. É unha idea moi traballada e da que xa podemos ver os primeiros resultados. 

    Aínda así, queda un longo camiño para alcanzar un dos obxectivos finais dos PLE: conseguir que os alumnos utilicen a ferramenta do portfolio dun xeito menos formal e máis dinámico. Por qué ocorre isto? Porque non estamos acostumados a este método de aprendizaxe nin a ter que expoñer as nosas ideas públicamente, aínda que o fagamos constantemente cos nosos compañeiros ou en diversas redes sociais.

    Paréceme complicado, pero se se conseguiron outras cousas, por que isto vai a ser diferente? Só temos que seguir traballando no camiño correcto e seguro que veremos os avances e os novos resultados desta e doutras moitas ferramentas que seguro que nos axudarán a favorecer a aprendizaxe dos nosos futuros alumnos.

     

    Un saúdo!

  • Zoraida Golobardas Magdalena

    Hola chicas!

    Estos dos textos, tal y como señala Nerea, han sido de gran ayuda para nosotros.  La lectura de ambos, lo comentado en clase y lo recogido en este antes desconocido y ahora admirado portafolio, nos ha permitido cambiar una parte de nuestro conocimiento sobre todo lo que tiene que ver con las TIC. Incluso a aquellos/as que hayan tenido la experiencia de estas en contacto con ellas durante el Practicum, como es tu caso, estoy segura que te ha servido para hacer un uso optimo, o simplemente para aclarar y enlazar mucha de la información aparentemente sin nexos de unión.

    Abandonar la replicación y ahondar en la teoría del conocimiento basándonos en la creatividad y en la innovación, es algo complicado, que requiere tener claro los recursos con los que contamos. En este sentido tenemos algunos pasos dados, no ?

    Ahora solo nos queda ponerlo en práctica. Intentemos que los alumnos/as no tengan miedo a expresarse, a mostrar lo que aprendieron y a que interactúen con sus compañeros/as.  NO de golpe, CUIDADO. Supongo que habrá que aplicarse la mítica frase de “Sin prisa pero sin pausa”.

    Un saludo !