Redes sociais e aulas, amigos ou inimigos?

Por María

Esta semana lín a seguinte noticia:

http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2014/11/13/actualidad/1415890898_584637.html

En resumo, fala de cambios na privacidade de Facebook, agora a rede social poderá rexistrar a localización xeográfica dos seus usuarios e pode gardar os seus datos bancarios. Ata que punto poden controlarnos as redes sociais?

Este novo cambio na privacidade inclúe un "centro educativo" con guías interactivas para axudar aos usuarios a saber xestionar a súa actividade en Facebook. Aínda así, dubido que incorpore unha guía para un uso educativo das redes sociais nas aulas.

Como futuros docentes, dende unha perspectiva educativa, empregaríades as redes sociais nas aulas?