Os señores do aire, as dúas TIC

Na sesión interactiva na que se puxo en práctica a técnica acuario no debate introducíronse unhas referencias a uns autores que defenden a importancia da democratización da sociedade da información e da necesidade de educar en competencias para manexar con total plenitude as TIC e construir unha beneficiosa sociedade do coñecemento, e que non se permita que as tic se reduzan a productos de mercado. A continuación comparto as reflexións que se empregaron no debate.

No caso de Feltrero (2007), na súa obra xustifica a necesidade de apoiar o acceso xusto e igualitario á información. “Entendendo como información como todo tipo contidos que nos constitúen como persoas e son a base do noso desenvolvemento como seres humanos nos máis diversos contextos culturais, económicos e sociais”.(p. 127)

 

Cando non se verifica a posibilidade igualitaria do acceso a información, denomínase fenda informativa. No caso de que esa información almacénese e distribúase en formato dixital o acceso precisa a mediación das TIC. Se non existe un acceso igualitario a estas tecnoloxías ou ferramentas, denomínase fenda dixital.

A pesar do rápido acceso as TIC a nivel mundial, uns 50 millóns de persoas en 4 anos, exinten fendas dixitais complicadas e multifacéticas. As causas da fenda dixital son as seguintes:
-Falta de infraestructuras (fenda material).
-Falta de recursos económicos.
-Descoñecemento.
-Mal uso ou uso limitado das TIC, por exemplo empregalas so para chats ou entretemento e non se aprobeitan para adquirir ou crear coñecemento.

-Adultos e persoas maiores que se educaron antes da aparición das TIC.

 

Esta situación de desigualdade é un reflexo das profundas fendas de tipo económico e social do sistema capitalista. Provocando os seguintes efectos:
-Reducción de posibilidades individuais e colectivas.
-Discriminación.
-Dependencia económica e técnica, a modo de colonialismo extra-nacional.

A adquisición das habilidades necesarias para o manexo das TIC é un problema educativo. Que debe considerar os moi diferentes planos e facetas das competencias necesarias para un pleno manexo das TIC, e non so reducirse a competencias técnicas.

Dende unha perspectiva ética, necesítase unha participación activa para unha construcción democrática da sociedade infomacional. E para conseguir esa participación compre unha preparación técnica, cultural e humana. Entonces adquirir estas competencias supón poder comprender, crear e ser conscientes da necesidade e dereito a decidir no deseño e aplicación das TIC, para que a súa implantación redunde en beneficio de todos.

Na actualidade o terceiro entorno (o entorno dixital) está a sufrir un proceso de feudalización (Echeverría, 1999). O poder está nas grandes corporacións tecnolóxicas e nos medios de comunicación. Estos son os que marcan as normas: un sistema feudal con “señores do aire”. Grandes corporacións constitúen empresas transnacionais de teleservizos para prover de contidos consumibles a sociedade informacional. Impulsan e controlan as tecnoloxías, teñen influencias de poder nas esferas políticas e sociais. Controlan os contidos e a información que circula polas súas redes, información de usuarios que dependen dos seus servizos. Introducir no curriculum estos servizos crea dependencia sen posibilidade de decisión.


control da información


Richar Stallman, o mundialmente recoñecido programador e fundador do movemento polo software libre, defende que para construir coñecemento as TIC en xeral e o software en particular debe permitir as seguintes liberdades: de uso, de coñecemento, de modificación, de distribución.

O modelo das TIC que desenvolvamos terá o seu reflexo no modelo de sociedade que queramos construir


Feltrero, R., (2007), El software libre y la construcción ética de la sociedad del conocimiento, Barcelona, España: Icaria

Stallman, R., (2004), Software libre para una sociedad libre, Madrid, España: Traficantes de Sueños