Vocación del profesorado.(II)

Nesta nova entrada decido continuar co abordado na anterior, coa vocación na profesión de docente.Para proseguir co tema quería reflexionar sobre a importancia da vocación no noso sistema educativo.

Durante moito tempo dábanse casos de persoas que chegaban ao sistema educativo sen vocación aparente, simplemente atraídos pola seguridade que presentaba o oficio, cun posto fixo de funcionario e un soldo máis que digno. Esta situación é plantexada no texto que tratamos en clase, donde fan unha boa comparación cun debuxo dun neno que ten que escoller entre un corazón, que simboliza a vocación, e o diñeiro.

Obviamente esto é absolutamente respetable, todos teñen dereito a gañarse a vida como consideren máis axeitado. Non existen probas para determinar que posúe vocación e quen non, e de existir non sería ético negarlle a alguén o acceso a unha profesión en función do resultado.

Sen embargo, acceder ao posto de profesional da educación sen ter vocación plantexa problemas. En clase xa se comentaron os fenómenos de burnout, crises nerviosas, depresión,ansiedade, etc... Todos eses procesos teñen máis posibilidades de aparecer en persoas que están exercendo a súa profesión sen ter verdadeira vocación.Persoalmente creo que as persoas que realmente teñen vocación e disfrutan co que fan non teñen porque sufrir tanto estes fenómenos, a non ser que sexan debido a causas excepcionais e que non lles permitan desenvolver dita vocación. De feito hai unha frase de Confucio que se refire precisamente a esto: "escolle un traballo que che guste, e non terás que traballar un só día da túa vida".

De todas formas estes sucesos antes comentados, como xa se dixo, poden depender do caracter e da capacidad de aguantar a presión de cada un, non todos o levan da mesma maneira.

Pero a vocación non só axuda a previr estos efectos negativos, senón que tamén trae consigo outros efectos positivos. Normalmente unha persoa con vocación desenvolverá a súa profesión con moita máis motivación, poñerá máis interese no que está a realizar. Mentras tanto, unha persoa que desenvolva a súa profesión por intereses diferentes nunca terá o rendemento dunha persoa que sente pasión polo que esta a realizar.

Por suposto non todo é tan simple, sempre entran en xogo factores que poden afectar e facer dunha persoa sen vocación un gran profesional do seu sector. Intelixencia, forza de vontade e compromiso tamén influen, pero en igualdade de condicións un docente con vocación partirá con vantaxe sobre un docente sen ela.

Dende o meu punto de vista, está claro que a vocación dos docentes é algo vital para crear un sistema educativo de calidade. Aseguraste contar con profesionais con compromiso e pasión polo que fan, que sempre buscarán a mellora e a innovación.

Sen embargo, como se crea un sistema educativo con profesores con vocación? Pois na miña opinión, dende o propio sistema educativo e co apoio da sociedade. Na nosa propia sociedade existe unha crenza implantada que aínda se segue dando a veces a día de hoxe, e é a de que se debe de estudar para un fin económico, e non para a propia satisfación persoal. Por sorte esto foi cambiando e cada vez máis anímase aos alumnos a seguir o camiño que desexen, sen embargo coa crise parece que se volta un pouco á costume de estudar o que "teña saída" e non o que lles guste.

Neste aspecto é donde ten que actuar o sistema educativo, detectando as potencialidades dos alumnos desde moi cedo e guiandoos para que as desenvolvan, de maneira que pouco a pouco poidan ir descubrindo a súa vocación.Ahora mesmo son moitos os alumnos que chegan ás portas da universidade sen nada decidido, sen saber que camiño tomar porque non se lles informou como é debido. Non se trata de condicionalos dende pequenos, se non de mostrarlles os múltiples camiños que poden seguir e deixar que eles decidan.

Para isto serían necesarias certas medidas, tales como atención e orientación máis individualizada para os alumnos. Cada alumno é un mundo, non todos teñen o mesmo ritmo de aprendizaxe e dende logo non todos teñen as mismas inquietudes e potencialidades. Deste modo, é lóxico intentar educar a todos da mesma maneira? Por suposto que non, e non se fai non por falta de ganas, senón por falta de recursos.

Como xa vimos nestes últimos anos o presuposto en educación vai decrecendo, os centros vense obrigados a ofrecer educación de calidade con moitos menos recursos. Se se toman as medidas antes propostas, de mellorar a atención e a orientación individualizadas dos alumnos para desenvolver o seu potencial, o presuposto en educación terá que ser moito maior, ao igual que o número de docentes e profesionais do sistema educativo.Ahora ben, será unha inversión rentable? Na miña opinión sí, sería unha inversión moi rentable, a corto prazo pero sobre todo a longo prazo.

Comentarios

  • Olaia Gude Urdangarín

    Boas Iván!

    É moi interesante o que aquí nos achegas, especialmente o referido a unha orientación temprá para poder desenvolver ó máximo as nosas capacidades, destrezas e habilidades, en definitiva, desenvolvendo todo o posible as nosas potencialidades, o que remata na construcción da nosa vocación.

    É certo que isto suporía unha gran inversión de diñeiro, pero este é un termo chave, posto que inversión non é en absoluto, o mesmo que gasto, xa que con inversión queremos dicir que, xa sexa a curto, medio ou longo prazo, o noso esforzo nserá recompensado.

    En canto a túa frase de "cada alumno é un mundo", e de aí a necesidade de facer unha educación e/ou orientación máis individualizada, venme á mente a seguinte imaxe, a cal me fai reflexionar sobre todo o teu discurso.

    image

    Boas noites!

  • xeila raposo rodríguez

    Tienes toda la razón, y más cuando determinas que se crean docentes con fines económicos o no beneficiaros de la educación. En el artículo de La elección de ser docente visto en clase, ya observábamos que el término vocación tenía diferentes vertientes ("vibración", "sacrificio"), sin embargo, voy a recordar la opinión de uno de nuestros futuros maestros: "Yo creo que mucha gente se apunta a Magisterio sin vocación, y eso sí que es un fallo del sistema. Una compañera de clase (...), me ha confesado que ella lo tiene todo muy claro: un sueldo y a las cuatro y media libre. Y no es la única. Entonces, ¿qué modelo estás promoviendo?"

    Si esa es la opinión de vocación, es normal que este sistema educativo no funcione, siendo sus futuros docentes así de interesados.

    Un besito Kiss

     

  • Ivan Calviño Gomez

    Todos coincidimos en que a veces entrar nunha profesión sen ter vocación é un erro que repercute tanto no sistema como na propia persoa.

    Por outra parte esa imaxe que aportas Olaia é xusto no que eu pensaba, temos un sistema educativo moi homoxeneizador que trata a alumnos diferentes como se foran iguais, e isto ao final fai que sexa improductivo para todos, desaproveitando o seu potencial.

    Moitas gracias por deixar as vosas opinións.