A formación do profesorado de cara a un uso pedagóxico das TIC

Hoxe en día dende o ámbito educativo considéranse ás TIC como recursos organizadores de ambientes de aprendizaxe, significado que implica un cambio profundo no sistema. Un dos cambios fundamentais é o relativo á formación do profesorado, ó tratarse de axentes centrais do ensino,   polo que é preciso capacitalos  cara aprendizaxes novas, virtuais e personalizadas dunha forma continuada. Por iso unha renovación do sistema educativo debe implicar o seu profesorado directamente, proporcionándolle formación ó respecto.

É certo que actualmente as novas tecnoloxías teñen unha presenza indiscutible nas aulas dos centros educativos. Sen embargo, cuestionase continuamente o uso que se realizada destas sobre si é adecuado e significativo en termos pedagóxicos. Con esta nova entrada quero falar en que consiste facer un uso pedagóxico das TIC, é dicir, que formación e implicación debe ter o profesorado para sacarlle o máximo partido ás oportunidades que estas proporcionan a nivel educativo e didáctico cos alumnos.

A formación do profesorado fronte a estas novas realidades de aprendizaxe debe converterse nun formador que centra o seu traballo no alumnado, que aposta por implementar actividades de ensino que promovan o aprendizaxe autónomo e reflexivo, propiciando un procesamento activo e crítico na construción do coñecemento. Deste modo, o profesorado terá que adquirir unha formación dixital específica, mediante a adquisición de competencias ou capacidades:

  • Tecnolóxicas: alfabetización y dominio de entornos dixitais, mediante o uso e xestión de dispositivos e entornos de traballo dixitais; prácticas socioculturais dixitais…

  • Comunicativas: participar, relacionarse ou colaborar en entornos dixitais a nivel social, interpersoal e ciudadano…

  • Informacionais: avaliación con lectura crítica de soportes electrónicos, procesamento, xerarquización e aplicación de información relevante segundo proxectos…

  • De aprendizaxes: xerar coñecemento en procesos e produtos, transformando a información en coñecemento.

O profesorado debería impulsar un proceso de enseñanza- aprendizaxe de incorporación das TIC baseado na:

  • Navegación crítica

  • Comunicación e expresión mediante a linguaxe das TIC.

  • Desenvolvemento de mutitarefas.

  • Fortalecemento do pensamento e a intelixencia colectiva co traballo na rede.

  • Desenvolvemento de mecanismo de negociación telemática, con redaccións, comunicación…

  • Deseñar  actividades didácticas con recursos telemáticos…

  • Selección de actividades significativas: xogos, simulacións, resolución de conflitos, estudo de casos, formulación de proxectos...

A parte do anteriormente dito, considerase interesante que tamén se inclúan dentro destas novas aprendizaxes as redes virtuais ó tratarse dun recurso dixital potente e transformador das metodoloxías de ensino aprendizaxe, debido a súa estrutura social formada por nodos, persoas, grupos ou organizacións, a cal  permite a circulación de información sobre os coñecementos e contidos das distintas areas. Sen embargo, para que estas sexan produtivas é preciso que o profesorado coñeza e controle todos os  elementos estruturais  que a caracterizan como posible recurso didáctico:

  • Comunidade de aprendizaxe para xerar puntos permanentes de interconexión entre os membros.

  • Integración de ferramentas web (blogs, foros, podcasting, mensaxería instantánea, fotos, vídeos, publicacións…).

  • Posibilidade de crear e compartir entre profesores e alumnos.

En definitiva, podemos ver que as posibilidades que nos ofrecen as TIC a nivel educativo son grandiosas pero para que teñan unha significatividade pedagóxica nos procesos de ensino-aprendizaxe é preciso e fundamental contar con:

  • Inversións tecnolóxicas de infraestrutura e de redes, así como de soportes técnicos para garantir unha óptima organización e administración das propostas curriculares de formación.

  • Aprender a aprender de un modo auto-regulado, é dicir, metacognitivo, mediante a autonomía de aprendizaxe presencial e virtual.

Unha educación que integre ás TIC non pode esquecer realizalo dende un punto de vista pedagóxico porque desta forma as aprendizaxes serán máis significativas, polo que ter en conta os aspectos anteriormente sinalados é importantísimo.

A parte do  aludido no inicio e transcurso deste discurso é de vital importancia dende o ámbito pedagóxico que a creación de novos modelos tecnolóxico-educativos de ensino-aprendizaxe teñen en conta tanto as necesidades como expectativas de cada alumno, camiñando cara satisfacelas pois será unha maneira de superar a desmotivación que actualmente ó alumnado ten de cara a aprender. Polo tanto é interesante que dende esta nova educación se parta dos seus intereses xa que dese modo valoraran máis o que aprenden, percibíndoo como primordial, grandioso e moi útil para a súa vida persoal e profesional futura. Xa que será unha maneira de que os alumnos se atopen motivados e con ganas de aprender o que lles interesa como suxeitos educativos. As futuras sociedades demandan a gritos un cambio a favor de ser suxeitos activos é a educación debe garantirllo.

Sen embargo, isto non será posible si dende o punto de vista do exercicio profesional do profesorado  non goza dunha formación e capacitación pedagóxica atractiva para que se adapte ós novos tempo e realice un cambio na práctica,  apostando por modelos de aprendizaxe que integren estratexias dinamizadores e o emprego de variedade de recursos. Que se lle brinde a oportunidade ó profesorado de que adquira competencias, capacidades e habilidades en materia de TIC dende unha práctica profesional reflexiva  que o mesmo tempo lle permite crecer e seguir configurando a  súa identidade profesional acerca de novos enfoques de ensino, adquirindo coñecementos multidisciplinarios mediante a combinación do deseño de actividades de aprendizaxe tecnolóxico, didáctico e pedagóxico.

BIBLIOGRAFÍA

Fainholc, B. et al. (2013) La formación del profesorado y el uso pedagógico de las TIC. RED, Revista de Educación a Distancia. Número 38. Recuperado de: http://www.um.es/ead/red/38.

Comentarios

  • Ana Fernández Cid

    Hola! Me parece una entrada completa en la que estudias la perspectiva del profesor desde su propia formación, aplicación de las TIC, hasta la posición del alumnado y como dirigir los procesos didácticos a través de las TICs.

    Sin duda las TICs han cambiado los encuadres en los que nos movemos hasta tal punto que casi que nos perdemos sin ellas, por lo que llegamos a ser independientes de las mismas. La introducción en las TIC de las nuevas generaciones es natural, mientras que la de los profesores no tiene la misma continuidad ya que este terreno avanza y se desarrolla muy rápido, sin una formación nos quedaríamos incluso desfasados. Por eso veo muy importante el punto que señalas de la motivación. 

    La motivación tanto del profesorado como del alumnado al unir la realidad y los contenidos de la enseñanza y del aprendizaje, que provenga sobre todo de ellos mismos al significar esa necesidad real. Encontrar el por qué de manera individual creo que es la pieza clave para que empiece a ser una realidad lo que incluyes en tu entrada. 

    Saludos!

  • xeila raposo rodríguez

    Estoy de acuerdo en que es necesario el uso de las TIC, ya que son la "innovación" que existe en la actualidad en la educación, sin embargo, ¿es posible que un profesor las integre sin una formación sobre ella?

    Son múltiples las ventajas que ofrece para el aprendizaje, pero ¿sólo para las expectativas de los alumnos?

    Desde mi perspectiva, este tema es de gran controversia, y cada día genera más dificultades y oposición por parte del profesorado. Si buscamos un punto de vista pedagógico, debemos primar sobre todo quien va a llevar la puesta en práctica en el aula.

    Un besito Kiss

  • Estefanía Pereira González

    Boas tardes Adriana! Ao igual cas miñas compañeiras e co que ti mesma expós nesta entrada, considero que as TIC son unha ferramenta moi importante e, incluso, imprescindibles no sistema educativo. Estas deben ser integradas polo profesorado, os cales deben ter unha formación sobre as mesmas pois para poder levalas as aulas teñen que coñecer o seu uso e funcionamento.

    Dende o punto de vista pedagóxico opino que estas ferramentas tecnolóxicas proporcionan multitude de recursos para poder empregar co alumnado, sempre e cando, se faga un uso óptimo delas.

    Un saúdo!

  • Noelia Diéguez

    Estou totalmente a favor da perspectiva que acabas de expoñer, Adriana! Pois, se se logra esta preparación e capacitación en torno as novas tecnoloxías, sabemos que se transmitirá en resultados máis enriquecedores para o alumnado. Comezando pola alta motivación que demostran, xa que os medios son moito máis atractivos e suponen un gran motor de aprendizaxe para eles. Ademais, valoran a tecnoloxía como unha ferramenta que lles axuda a potenciar unha maior interacción porque o alumnado atópase moito máis activo para traballar con novos instrumentos. Desta forma, as TIC fomentan un aprendizaxe cooperativo nos centros educativo mediante o traballo en equipo e o intercambio de ideas, xusto coa participación activa de todos os membros. Engadido a esto, tamén direi que son un método de fomento da atención á diversidade polos diferentes materiais dixitais e recursos educativos cos que se poden traballar desde as TIC; que permiten seleccionar e combinar por parte do alumnado, os máis afíns para o seu proceso de aprendizaxe e circunstancias individuais.

    Un saúdo e bo fin de semana!! Wink