Novas políticas e condicións de Facebook!!

Boas tardes a todos/-as! Smile

Retomando un tema do que xa falamos na aula, supoño que, todos/-as saberedes, que as políticas e condicións de Facebook están a cambiar. Moitos/-as dos/das meus/miñas amigos/-as en Facebook están a poñer comentarios no seu taboleiro como:

"Debido ao feito de que Facebook optou por incluír software que permitirá o roubo de información persoal: nesta data de X sendo a/as X, en resposta ás novas directrices de Facebook, consonte os artigos L.111, 112 e 113 do código da propiedade intelectual, declaro que os meus dereitos están conectados a todos os meus datos persoais debuxos, pinturas, fotografías, textos, música, etc... publicado no meu perfil, antes desta data, agora e por sempre. Para uso comercial do devandito requírese ineludiblemente en todo momento o meu expreso consentimento.
As persoas que lean este texto poden facer un copy/paste no seu muro de Facebook. Isto vailles permitir pórense baixo a protección do dereito de autor. Por esta declaración, dígolle a Facebook que queda estritamente prohibido divulgar, copiar, distribuír, transmitir ou tomar calquera outra acción na miña contra en base a este perfil e ao seu contido. As accións anteditas aplicaranse tamén aos empregados, estudantes, axentes e outro persoal baixo a dirección de Facebook. O contido do meu perfil contén información privada. A violación da miña intimidade está castigada pola lei (UCC 1-308 1-308 1-103 e polo estatuto de Roma). Facebook agora é unha entidade de capital aberto.
Todos os membros están convidados a enviaren un aviso deste tipo, ou, se o prefiren, poden copiar e pegar esta versión. Nota: se non publicaches esta declaración polo menos unha vez, tacitamente estás a permitir o uso de elementos como as túas fotos, así como a información contida na actualización do perfil."

A miña pregunta é: Non se supoñía xa que todo o contido que subías a esta rede social automáticamente pasaba a formar parte de Facebook (aínda que te desetiquetes de fotos ou as borres, eles seguen téndoas)? Podemos ver con isto un claro exemplo da desinformación que temos ao non ler as políticas e condicións de calquera tipo de rede, aceptalas sen pensalo e agora que vemos que algo cambia escandalizarnos?

Esta nova actualización de Facebook, que se poñerá en funcionamento a partir do 1 de xaneiro de 2015, promete mellorar as súas condicións, a súa política de datos e a súa política sobre cookies (sempre polo "ben" do/da usuario/-a). Tamén introducirá melloras nos seus anuncios en función dos nosos gustos fóra do Facebook. Pásovos o enlace, ao cal teredes que acceder mediante a vosa conta, senón non volo deixará visualizar: https://www.facebook.com/about/terms-updates/?notif_t=data_policy_notice

Reflexionemos sobre isto, e sobre estas "redes gratuítas", que se enriquecen a base dos nosos gustos e da derivada publicidade que estes producen!

Un saúdo, Natalia! Wink