Unha cuestión de interese: O defensor do profesor

Indagando pola rede atopei cunha páxina web que me chamou moito a atención e sobre a cal decido facer unha nova entrada á rede social stellae: O defensor do profesor.

O defensor do profesor tratase dun servizo de atención inmediata e gratuíta para docentes, proporcionándolle axuda, apoio e orientación en situacións de conflitividade ou violencia nas aulas, é dicir, denuncia posibles situacións de conflitividade escolar ás que ten que afrontar o profesorado.

É un servizo que está a disposición do profesorado no seu conxunto en todas as comunidades autónomas do noso país, mediante unha atención personalizada. Neste servizo, o profesorado pode realizar consultas, as cales son atendidas de maneira individual por psicólogos especialistas que se encargan persoalmente de asesorar cada caso en particular, garantindo en todo momento a súa confidencialidade. Cabe dicir que dependendo da gravidade da situación, en ocasións pode chegar a intervir as asesorías xurídicas de ANPE (sindicato do profesorado). Destacar que o servizo funciona telefonicamente e que en todas as chamadas recibidas se fai unha recollida de datos (idade, sexo, problema en cuestión, evolución do problema e duración do mesmo…). Realizase deste xeito porque mediante o rexistro destes datos pode denunciarse a violencia escolar que sofre o profesorado e reivindicarse sindicalmente para a mellora da convivencia.

Grazas á posta en marcha deste servizo deuse e estase dando a coñecer publicamente as problemáticas ás que o profesorado ten que afrontar día a día nas aulas. Isto provocou que as administracións se interesasen por estes problemas, poñendo en marcha o Plan de Mellora da Convivencia Escolar da LOE, o Observatorio Estatal, unha actualización da normativa sobre a convivencia escolar nas comunidades autónomas, instrucións das Fiscalías Xerais co obxecto de considerar as agresións producidas ós docentes como atentados á autoridade e as Leis de Autoridade do Profesor.

O defensor do profesor entende que acoso ó profesorado é un fenómeno preocupante que se produce cada vez con máis frecuencia e que sen dúbida hai que afrontar xa.

En concreto, a labor do servizo do defensor do profesor consiste en:

  • Escoitar ó profesorado, garantindo o seu anonimato en todo momento.

  • Avaliar cada situación problemática.

  • Asesorar ó profesorado e ofrecerlle pautas para solucionar o problema que lles afecta.

  • Rexistrar estadisticamente os datos, é dicir, feitos, causas e repercusións do problema.

  • Denunciar ante as administracións educativas a promoción de campañas institucionais de cara a concienciar á sociedade, ás familias e ós alumnos e que se poñan en marcha pautas e mecanismos de intervención para diminuír as agresións nos centros e mellorar a convivencia nos mesmos.

Ademais dito servizo tamén proporciona unha serie de medidas que o profesorado debería ter en conta:

  • Unión no profesorado para resolver os conflitos.

  • Elaboración de Reglamentos de Réxime Interno por parte da Comunidade Educativa.

  • Facilitar a documentación de historiais e expedientes de alumnado conflitivo que se traslada a outros centros.

  • Promover plans de prevención da conflitividade e violencia escolar nos Centros Educativos.

  • Implicación dos claustros cando se teña coñecemento de conflitos graves.

  • Incluír nas programacións campañas de antiviolencia.

  • Crear novos perfís do profesorado e intervención de profesorado especialista.

  •  Promover a formación sobre a autoestima e confianza.

  •  Promover unha formación específica para mellorar a intervención con alumnos conflitivos, mediante o aprendizaxe de técnicas e aplicalas correctamente na práctica.

  • Prevención e tratamento.

  • Traballo cooperativo.

  • Formación do profesorado na xestión de conflitos e a mediación no ámbito educativo como proposta alternativa.

  • Enfocar as situacións de conflito de forma obxectiva.

  • Resolver os problemas de raíz en canto aparezan.

  • Incrementar a vixilancia nos centros (patio, comedor…) por parte do profesorado.

  • Fomentar en idades temperás unha educación baseada en valores éticos e morais en termos de respecto e tolerancia.

En definitiva, quixen realizar esta entrada porque de forma transversal poden recollerse certas cuestións que foron abordadas no transcurso da materia Formación e Desenvolvemento profesional do profesorado: crises na identidade docente, malestar docente, formación do profesorado…

O profesorado ten que afrontar continuamente situacións de conflitos cos alumnos e as familias. Sen embargo, non teñen os mecanismos precisos para afrontar ditas conflitividades o que se traduce nunha crise e malestar docente, perdendo o interese pola súa profesión e incluso a desenvolver un sentimento de pánico e medo de cara a mesma.

Por unha banda, alégrame saber que existen este tipo de servizos ou colectivos que apoien a profesión docente, comprendendo os seus problemas e poñendo todo do seu empeño en proporcionarlle pautas que lles axuden a resolvelos xa que a sociedade os ignora completamente sen poñerse no seu lugar e a propia administración educativa mira cara outro lado e non toma medidas ó respecto, proporcionando solucións.

De acordo co Defensor do Docente para que a conflitividade entre profesorado e alumnado desapareza das escolas é importantísimo que o profesorado se lle proporcione e conte cunha formación inicial e continua  no que se lles ensine de forma práctica como xestionar  e intervir nos conflitos que poidan producirse na aula.

Considero que se trata dun problema peliguado no que está en risco a integridade do noso profesorado. Actualmente nas noticias podemos ver como se suceden estas situacións. Moitos profesores sofren por elo e non saben como solventalo. Creo que máis que ensinar contidos ó profesorado hai que conciencialo e formalo sobre este tipo de asuntos tan graves sobre os que non teñen ningún tipo de coñecemento é dicir, formación en canto a xestión dos conflictos e propostas de intervención para a resolución dos mesmos. Sen dúbida algunha, unha cuestión preocupante que non se ten nada  en conta nas modalidades de formación ó tratamento destas temáticas como ben vimos no análise do Plan Anual de Formación do profesorado.

WEBGRAFÍA e BIBLIOGRAFÍA:

Pantoja Vallejo, A. (2005). la gestión de conflictos en el aula. Factores determinantes y propuestas de intervención. España: Ministerio de Educación y Ciencia.

Recuperado de: http://www4.ujaen.es/-apantoja/mis_libros/gestion_confli_05.pdf

Recuperado de:

http://www.eldefensordelprofesor.es/index.php?option=com_content&view=article&id=53&Itemid=59

Comentarios

  • Nahyr

    Ola!!!

    Noraboa polo post!!! A nivel persoal non coñecia esta institución e considero que é de vital importancia de que o profesorado sexa consciente daquelas instancias que poden asesoralo na súa labor e incluso axudalo cando o precise.

    Creo que é importante a labor que o defensor do profesor desempeña pero considero que tamén sería intersante que se centrase noutras cuestión: innovación na práctica, formación permanente, materiais didácticos, etc.

    Saúdos e grazas pola aportación ;)

  • Lucía

    Unha entrada verdadeiramente interesante Adriana!

    Ao igual que a miña compañeira Nahyr non coñecía esta institución e polo tanto, tampouco as súas múltiples funcións e posibilidades de cara ao profesorado. Considero que iniciativas así supoñen un gran avance para que o benestar docente se faga visible nas aulas con todos os beneficios que iso provoca para todos os axentes implicados nos procesos educativos. Por outra banda, mencionas ao inicio do teu post que o profesorado é asesorado de xeito individual por psicólogos especialistas, feito que me parece de suma relevancia e axuda para este colectivo, sen embargo creo que ademais dos citados profesionais sería de interese que estivesen á disposición dos docentes que reclamen este servizo outros profesionais que tamén posúen competencias para resolver problemáticas deste tipo como nós mesmos, pedagogos/as, profesores expertos, etc.

    Un saúdo! Smile

     

  • Adriana Mayán

    Totalmente de acordo contigo Lucía. A mín tamén me sorprendeu o feito de que neste servizo non se inclúa como asesores a outros profesionais como poden ser os pedagogos.

    Grazas polas vosas aportacións.

    Unha aperta

  • Estefanía Pereira González

    Ao igual que as miñas compañeiras, non coñecía esta institución polo que considero que coma nós, haberá moita xente que tampouco teña conciencia da súa existencia. Penso que deberían abordarse contidos sobre o defensor do profesor naqueles estudios que impliquen estudar o papel do profesorado, pois considero un feito bastante lamentable que tendo cursado estudos de maxisterio nunca escoitara falar da institución da que ti ben falas na túa entrada.

    Un saúdo!