¿Tecnofilia o tecnofobia docente?

Nesta entrada reflexionarei sobre a tecnofobia, tecnofilia ou o profesorado crítico en canto as novas tecnoloxías, tendo en conta o artigo “Una aproximación a la antinomia tecnofobia versus tecnofilia docente” de Juan Antonio Fuentes Esparrell e María del Mar Ortiz Gómez da Universidade de Granada.

A sociedade moderna esíxelle aos docentes a preparación no uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) con fins instruccionais. Sen embargo, aínda moitos docentes son practicamente analfabetos tecnolóxicos e ao mesmo tempo temen aprender a usar as TIC na súa labor docente.

En cuanto a  la relación entre las TIC y el profesorado, as actitudes dos docentes ante estas sitúanse entre dous polos como nos afirma Sancho (1994) entre a tecnofilia e a tecnofobia. A primeira plantexa o convencimento de que os artiluxios electrónicos son a solución a todos os problemas pedagóxicos; por isto, nas escolas ben dotadas de tecnoloxías cuxos docente teñen unha adecuada formación en TIC e con alumnos motivados, os aprendizaxes son máis exitosos e satisfactorios.

Por outra banda, está a tecnofobia, a cal rechaza o cambio e a innovación, considerada como “deshumanizadora”. Os tecnófobos acceden de maneira tímida ao uso das tecnoloxías antigas pola tradición do seu uso no ambiente escolar. Así mesmo gustaríame amosarvos esta definición de Ceballos e Rose (2000) da tecnofobia “é o medo, aberración e/ou, de algunha forma,o rechazo irracional e persistente a todos aqueles conceptos novos que nos proporciona a tecnoloxía”, é dicir, é un medo por non saber como afrontar ou usar as novas tecnoloxías, e aberración, é o rechazo irracional e persistente dos novos conceptos que nos proporcionan as tecnoloxías.Dende o meu punto de vista, os docentes tecnófobos néganse a usar e a introducir na súa práctica docente as tecnoloxías analóxicas e dixitais.

Con todo isto, como expón Aparici (2001) a existencia nos docentes de tres puntos de vista sobre a integración curricular das TICs:

Tecnofilia: Cren que o seu uso pode transformar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Este tipo de docente crea unha relación coas tecnoloxías que non permiten desenvolver mecanismos distanciadores e críticos.

Tecnofobia: bastantes docentes consideran que as tecnoloxías son as culpables de case todos os problemas que afectan á sociedade e que son responsables de que o  alumnado “perda o tempo con elas”. Estes docentes no usan los medios que les proporcionan las TIC.

Profesor crítico: Estes docentes usan as novas tecnoloxías, sacan o maior partido delas e realizan unha crítica das súas limitacións e implicacións. Este profesorado ofrécelle ao seu alumnado os instrumentos para a reflexión e os elementos para comprender o entorno tecnolóxico e social que lle tocará vivir no futuro.

Tendo en conta estas tres actitudes, podemos chegar a conclusión de que moito profesorado non incorpora as TIC nos procesos de ensino- aprendizaxe por falta de formación, tamén penso que pode ser por mor da influencia dos estereotipos sociais, sendo isto consecuencia da falta de información sobre as aportacións das TIC para a sociedade; a existencia de prexuízos laborais ou tamén pola falta de información sobre o seu beneficio educativo, xa que as TIC poden beneficiar un cambio metodolóxico nas aulas.

Bibliografía

http://digibug.ugr.es/bitstream/10481/23974/1/395_34.pdf

  CFP248-11.png

Comentarios

  • Ana Fernández Cid

    Hola Carla!

    La perspectiva desde la que se mire las TIC, como bien explicas, es desencadenante de comportamientos a favor o en contra. En estido el profesorado debe llevar a cabo un proceso de crítica acerca de las nuevas tecnológias y un proceso de autocrítica acerca de la formación que tienen, de sus conocimientos para poder evaluarla de manera objetiva. Esto permitiría que el "profesorado crítico" tomase las riendas de la inclusión de las TIC en el contexto educativo. Así bien, la cuestión no está tan solo en la cantidad de información que podamos obtener, sino la manera en la que se trata esa información, de cara a buscar la "calidad", la "adecuación" a ese contexto. Un saludo!

  • Lucía

    Estou moi de acordo coa idea que plantexa a miña compañeira Ana, pois a situación ideal sería que as posicións extremistas que mencionas en relación coa integración das TIC nas escolas se dirixisen cara unha perspectiva crítica onde o profesorado tivese o coñecemento e as ferramentas necesarias para avaliar qué recursos tecnolóxicos son máis axeitados para cada práctica educativa, pois non todos se adaptan ás finalidades educativas que se perseguen nun determinado momento ou para un determinado contido e destinatarios. Neste sentido, na miña opinión é o aspecto no que a formación contínua do profesorado se debería centrar (entre outros) en relación coa formación en TIC.

    Un saúdo! Smile

  • Estefanía Pereira González

    Moi boa entrada Carla! Na miña opinión, queda un longo camiño por percorrer para integrar de maneira axeitada ás TIC nas aulas dos nosos centros, e o primeiro aspecto que hai que abordar é a formación dos profesores, pois se estes non saben empregar de maneira correcta estas tecnoloxías, como van ser capaces de levalas ás súas aulas de maneira óptima? Como ti ben sinalas na túa entrada, hoxe en día existen moitos docentes reticentes a estes novos cambios, é dicir, á hora de integrar as TIC no curriculum, mais pola contra, deberían ser quenes de analizar a súa labor e ver que ditos cambios son necesarios, pois está a educar a nenos e nenas que viven nunha sociedade en continuo cambio e, polo tanto, deben ir adaptándose ao contexto.

    Un  saúdo Kiss

  • Olaia Gude Urdangarín

    Boas Carla

    Penso que as TICs hoxe en día son esenciais para a sociedade, o que conleva que en educación tamén sexa esencial o seu tratamento, de aí a coñecida "competencia dixital" proposta a nivel europeo.

    É certo que moitos mestres teñen problemas, debidos en parte, ós seus medos e inseguridades, co manexo e tratamento das novas tecnoloxías. Polo tanto é preciso que dende a formación permanente do profesorado se traballen estes aspectos cos docentes, pois son sumamente importantes.

    Gustaríame achegarte un documento que trata a tecnofobia como déficit formativo, que penso pode aportarche moito neste sentido.

    39740-39766-1-PB.pdf

    Un saúdo!!

  • Carla Deira Noya

    Moitas grazas polas vosas reflexións sobre o meu post, no cal vos intento amosar os medos dos profesores en canto ao uso e integración das TIC no contexto educativo, no cal é unha das demandas do século XXI. Olaia xa che comentei nun post que me subiches o arquivo é realmente agradezcocho moito poder retroalimentarnos e axudarnos entre compañeiros como fin da mellora, moitas grazas a todas :)