Conectivismo

Escribo nova entrada no blog para comentar con vós dous textos que lin recentemente.

Un pertence á revista semestral do departamento de educación da facultade de filoloxía e letras da universidade de Navarra “Las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) y los nuevos contextos de aprendizaje”, e o outro “Conectivismo: una teoría de aprendizaje para la era digital” escrito por George Siemens.

Recomendo a súa lectura, xa que realmente resultoume moi interesante descubrir esta nova teoría de aprendizaxe e creou en min certa reflexión sobre a mesma.

Nos dous textos comeza ca descrición de tres teorías da aprendizaxe ben coñecidas, como son o condutismo, o cognitivismo e o construtivismo. Realmente fan unha boa descrición dos mesmos e insisten na necesidade de renovación que se precisa, xa que son teorías que surxiron nunha época determinada, na que as TIC aínda non contaban con moita presenza na escola.

Partindo desta necesidade de transformación educativa, presentan o conectivismo como a alternativa e, que é isto do CONECTIVISMO?

A gran diferenza que recalcan contra as teorías anteriores é que nelas a aprendizaxe ocorre no interior dunha persoa e non se ten en conta que a aprendizaxe é almacenada e manipulada polas tecnoloxías.

 Siemens (2004), defíneo como a integración de principios explorados polas teorías de caos, redes, complexidade e auto-organización, e afirma que a aprendizaxe pode residir fóra de nós.

Ángel Sobrino Morrás, no segundo texto,comenta que o conectivismo supón para os seus defensores unha superación dos tres modelos anteriores.

O propio Siemens redacta os principios deste novo modelo:

  • Aprendizaxe e coñecemento dependen da diversidade de opinións.

  • A aprendizaxe é un proceso de conectar nodos ou fontes de información especializados.

  • A aprendizaxe pode residir en dispositivos non humanos.

  • A capacidade de saber máis é máis crítica que o que se sabe nun momento dado.

  • A alimentación e mantemento das conexións é necesaria para unha aprendizaxe continua.

  • A habilidade de ver conexións entre áreas, ideas e conceptos é unha habilidade clave.

  • A actualización é a intención de todas as actividades conectivistas de aprendizaxe.

  • A toma de decisións é, en sí mesma, un proceso de aprendizaxe.

Ángel Sobrino atopa certas limitacións da teoría do conectivismo, que resultan claves para a posterior reflexión.

A estrutura interconectada da información na web 2.0 non constitúe o aspecto esencial da aprendizaxe, que a aprendizaxe é unha experiencia mediada, o que require dun diálogo co mestre para chegar á comprensión profunda dos conceptos, que as propostas destitucionalizan a educación, que as metodoloxías non poden situarse nos fines senón nos medios e unha última que me pareceu realmente a ter en conta, a palpable alfabetización tecnolóxica ca que os alumnos chegan ás aulas non garante que sexan capaces de forma automática, de aproveitar as potencialidades da web 2.0 no seu proceso de aprendizaxe.

É neste punto onde me parei a reflexionar intensamente, xa que durante o meu proceso de prácticas, que como comentei anteriormente realicei nun 5º curso de primaria, a aula estaba seguindo o programa ABALAR e E-Dixgal, polo que a súa relación coas TIC era moi intensa. E a experiencia permíteme afirmar que estes nenos/as non contaban coa formación necesaria para levar a cabo unha boa aprendizaxe con esta ferramenta. Esta falta de coñecementos facía que ás veces a aprendizaxe fose moi lenta, e polo camiño perdíase moita información e contidos.

O conectivismo paréceme unha proposta acertada sempre e cando o alumnado conte con máis formación previa, xa que a idea dos nativos dixitais non é tan certa como se afirma, ou iso creo despois da miña experiencia persoal coa tecnoloxía educativa.

Penso que é necesaria a incorporación de novas metodoloxías que se adapten ás transformacións que sufre a sociedade para que a educación sexa realmente útil pero fan falta recursos de formación de profesorado, para que sexan quén de ensinar aos alumnos/as a traballar con estas novas ferramentas e a facelo eficientemente. Non vale de nada surtir aos centros de recursos coma ordenadores, pantallas dixitais...se despois non se conta con preparación para usalos de forma innovadora e realmente útil para a aprendizaxe.

Comentarios

  • Andrea Fernández López

    Hola Paula!

    Después de la lectura de ambos documentos llego a la misma conclusión que tú en lo referido a la alfabetización tecnológica del alumnado, y es que como ya dije en mi entrada, es importante que nos desengañemos acerca de las habilidades y destrezas que tienen los niños en cuanto a las nuevas tecnologías. Si bien es cierto que deberíamos centrarnos en el aspecto didáctico y relegar el aspecto técnico a un segundo plano, este también es muy importante, tanto para nosotros como para los niños/-as. La metodología de un profesor puede ser excelente y los recursos digitales que este emplee, maravillosos pero si el alumno no sabe que para abrir tal o cual aplicación o programa debe hacer doble clic (estoy exagerando un poco) de nada sirve lo anterior. Por lo dicho, creo que se les debería de enseñar también determinados aspectos referidos a la alfabetización tecnológica/informática.

    Un saludo!Smile