Noticias da Televisión de Galicia

Estaba vendo as noticias, cando de pronto saíu esta e chamoume moito a atención, por iso a traio aquí. Retomando o tema do malestar docente, e as opinións que acercan os profesionais acercan de cómo se sinten na aula, ou no entorno escolar, segundo o Defensor do Profesor o 25% dos profesores teñen ansiedade e medo por seren acosados ou ameazados polos seus alumnos, sobre todo, aqueles que comprenden entre os 8 e 11 anos (levantan máis expedientes). Foron os propios docentes, quenes puxéronse en contacto co Defensor do Profesor, posto que xa non eran capaces de seguir con esa situación que se repetía de forma diaria na clase. Un 17% dos mestres que denunciaron "o acoso dos seus alumnos ou pais dos seus alumnos acabaron por enfermar de depresión". E esta situación non creades que vai decrecendo, senón todo o contrario.

¿As consecuencias? 

A retirada dos mestres das escolas, nestes últimos datos chegan a cifra de 2.200 según o sindicato galego ANPE. Isto repercute que en o ratio profesor - alumnos, faise moi complexo, posto que hai demasiados alumnos para un só profesor.

¿A solución?

Non se sabe. Na noticia, non se da ningunha alternativa para paliar isto, nin tan sequera o propio Defensor do Profesor sabe como paliar esta conflictividade, e sobre todo en idades tan tempranas. Xa non serve iso de dotar o profesor de habilidades para a resolución de conflictos, se non presenta axuda para levar a cabo as súas accións, ou son ignorados pola comunidade educativa. As súas expecativas de futuro acaban por ser a dimisión e caer en depresión.

E eu pregúntome, ¿como é posible na década na que vivimos que existan tantos conflictos nas aulas?

Quizais, ¿esas novas tecnoloxías que tanto presumen de innovadoras provocan alteracións nos máis pequenos?

A verdade, desde a miña opinión esta situación necesita dunha alternativa inmediata, na que existen controis de como se resolve a aula, e non que teñan que chamar ao Defensor do Profesor, senón que el mesmo faga inspeccións rutinarias, pero xa sabemos o que prima neste sistema.

Os deixo o link da noticia para que a vexades.

http://www.crtvg.es/informativos/o-25-de-mestres-sentese-acosado-e-ameazado-por-alumnos-e-pais-segundo-o-defensor-do-profesor-942691

Comentarios

  • Noemi Durán

    Es muy denigrante que esto pase y la verdad que se necesitan cambios de manera inmediata. Coincido contigo en que las nuevas tecnologías pueden servir de alteraciones en el alumnado pero no creo que todo dependa de esto. Quizás influya también la educación que reciben estes chavales en casa. Muy buena entrada Xei!

    Un SaludoKiss

  • Olaia Gude Urdangarín

    Boas Xeila

    Dende o meu punto de vista, non creo que teña moito que ver este comportamento do alumnado co uso das novas tecnoloxías, se estas se usan dun xeito adecuado, feito que debemos regular entre mestras, educadoras e familias.

    Eu persoalmente, penso que máis ben é un problema de educación familiar e de cooperatividade e entendemento entre familias e escola.

    Achégote o "Protocolo Xeral de Prevención, Detección e Tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso" da Xunta de Galicia, que penso pode serche moi útil para documentarte neste tema, pois non trata só o mal comportamento de nenos a mestres, se non tamén entre compañeiros. Espero que che axude!

    http://www.edu.xunta.es/centros/iesdevalga/system/files/u8/Protocolo_xeral_acoso_escolar.pdf 

    Un saúdo!

  • Doa

    Esta noticia, triste pero certa, ven a reflectir perfectamente unha realidade sobre a que xa se falou nalgunhas ocasións durante as clases. A profesión docente comporta certos riscos psicolóxicos como estrés, depresión, burn-out, en moitos casos provocados polo alumnado e que, paradoxicamente perxudian ó propio alumnado, a través do deterioro da calidade da educación que estes reciben.

    Comparto en certo modo o que comenta Noe respecto á educación que o alumnado recibe na súa casa. Aínda que pais e profesores deberían ser aliados no proceso educativo, en ocasións os pais critican de xeito moi negativo e insistente ós docentes e isto repercute negativamente na imaxe que os alumnos teñen dos seus profesores.

    Buscar solucións....complicado!!! Poderíase facer algún tipo de cursos para que os docentes aprendan a canalizar o estrés, crear grupos de apoio e entre todos tentar establecer posibles pautas de actuación e caso de acoso.

    Grazas Xeila, unha achega moi interesante. 

  • Nahyr

    Ola!!!

    Moitas grazas pola aportación posto que é moi pertinente no tema do malestar docente.

    Comparto a opinión de Olaia no que se refire ás novas tecnoloxías. Non creo que esta sexa unha cuestión que afecta directamente ó acoso ós docentes.

    Considero que, dada a sociedade cambiante na que vivimos, na que os roles dos mestres e das familas están mudando, existe unha lagoa no que ó tratamente dos adolescentes se refire. Con isto refírome a que os propios familiares, en moitos dos casos, cuestionan as capacidades dos docentes, o que conleva que os nenos non os consideren como autoridade e sucedan estas cousas.

    Considero ademais que na formación do profesorado debería haber un oco importante adicado á psicoloxía do desenvolvemento na etapa da adolescencia, posto que é no período de idade no que se dan máis casos de acoso. Creo que incluír esta cuestión na formación permanente do profesorado tamén é moi boa opción.

    Saúdos e grazas pola aportación ;)

  • Isabel Fernandez

    Evidentemente é un tema claro de malestar docente; o medo que senten os mestres ante o alumnado. É prioritario traballar este tema xa que a aula non debería ser un lugar de conclito e de falta de respeto onde non se poidan atopar agusto tanto profesores como alumnos. Noticia impactante, un saúdo. 

  • Adriana Mayán

    Ola Sheila!!!

    Xustamente fai un días fixen mención a este tema nunha das miñas entradas, a túa noticia é máis recente pero ambas están estreitamente vinculadas. Eu indaguei a través do Defensor do Profesor ó alto indice que existe en canto a conflictividade nas aulas e o acoso que sofre o profesorado nas mesmas é espeluznante. Sinceramente é unha pena este tipo de noticias. Eu penso que dita situación se produce por moitos motivos. Un deles pode ser que os propios familiares non respecten a figura docente e esa idea sexa transmitida ó propio alumnado. Por outra banda, este malestar docente crease porque o profesorado non está capacitado para solventar ditas situacións, é dicir, carece de formación ó respecto, non saben como xestionalos a conflictividade nas aulas xa que na formación inicial como na permanente non se atende a este tipo de cuestións simplemente a contidos. Por último, destacar que non penso que as novas tecnoloxías inflúan nestas problemáticas.

    Un saúdo e grazas

  • Lourdes Montero

    Como sabeis, el defensor del profesor es una figura creada por el Sindicato ANPE en 2005. En su web http://www.eldefensordelprofesor.es/ podeis encontrar información sobre su creación, actuaciones y los informes elaborados.

    Saludos

    Nota: No he conseguido activar el enlace.

    Lourdes

  • Angela Rodriguez

    Boas!!

    Descoñecia por completo a figura do defensor do profesor. A verdade que esta figura pareceme moi necesaria xa que cada día a violencia aumenta, no soamente nas aulas, se non na sociedad en xeral. O problema esta na educación destos rapaces.
    Eu penso que o feito non se debe o aumento da tecnoloxía, por outra parte, penso que os teléfonos deberían estar completamnte prohibidos nas aulas, xa que entreteñen os alumnos e moitas veces os utilizan de forma inadecuada(grabando videos de pelexas por exemplo). Aquí a educación nas tecnoloxías entra en xogo , xa que moitos rapaces non son conscientes do alcance destas.

    Un saúdo!