Inventar un novo modelo de profesor

A día de hoxe existe unha gran preocupación acerca da calidade dos sistemas educativos, os cales se ven sumidos nun estancamento, sen avanzar ou evolucionar,   sen prosperar de acordo ó que nos demandan os novos tempos ou como ben se recolle no monográfico “Reinventar la profesión docente, un resto inaplazable” da Revista Interuniversitaria de Formación do Profesorado os sistemas educativos actuais simulan institucións acomodadas nas esixencias do século XIX que nos restos do século XXI. Polo tanto, en vez apostar por novos retos e alternativas viven sumerxidos no pasado.

Antes de falar de novos restos é conveniente analizar o que non funciona nos sistemas educativos actuais, é dicir, cales son os problemas do mesmo para poder melloralo. En concreto, neste monográfico faise referencia a tres indicadores de insatisfacción:

  • Elevados índices de abandono e fracaso escolar.

  • Fracaso na función compensatoria onde o rendemento escolar dos alumnos predícase segundo o nivel cultural e de estudos dos proxenitores.

  • Incompetencia para promover un ensino que fomente o desenvolvemento do pensamento aplicado, do coñecemento crítico, das capacidades creativas…

Este panorama tan precario fainos entender que é preciso instaurar cambios no seu dos sistemas educativos, é dicir, apostar por un novo currículo (aberto e flexible), novos procesos de ensinanza-aprendizaxe e necesariamente novas funcións para os docentes.

Xa centrándonos na figura dos docentes que é o que nos interesa, quero dicir que unha transformación a nivel educativo implica un cambio no profesorado, é dicir, unha nova concepción do mesmo, deixando a un lado o papel ata o de agora asumido de ensinar contidos disciplinares descontextualizados pola de promover procesos de ensino que fomenten a formación e o desenvolvemento de habilidades, competencias e cualidades persoais e sociais dos alumnos, así como impulsar a súa creatividade, a liberdade de opinión e o espírito crítico dos mesmos. Sen embargo, o profesorado non está capacitado para asumir estes importantes e grandes retos, entrando aquí en xogo unha reformulación no tocante a súa formación dende os seus inicios, apostando por un tipo de formación dende as facultades que se afaste do ensino pasivo, repetitivo e teórico de contidos por outra baseada na participación crítica, activa e reflexiva, é dicir, que fomente o desenvolvemento de competencias e habilidades profesionais e persoais dende a propia preparación práctica en escenarios reais. Unha formación dende un punto de vista pedagóxico. Sen embargo, todo isto vese truncado debido as continuas reformas educativas que se están instaurando xa que cada un que sae é peor ca anterior (Bolonia, LOMCE, Master Profesorado de Secundaria …).

Na miña opinión, a solución non radica en cambiar e seguir cambiando de leis sen sentido, é dicir, sen valorar as demandas e as necesidades do sistema, o profesorado, o alumando e da sociedade. De acordo co monográfico, hai que tentar toparlle un sentido ó quefacer da profesión docente e entender que un profesor non só serve para transmitir contidos, examinar e adxudicar unha nota numérica o final do semestre, a función docente hoxe debe ir máis aló, é dicir, guiar e estimular a aprendizaxe de todos e cada un dos estudantes, atendendo as súas necesidades, intereses e curiosidades. Para que isto teña cabida é preciso promover dende a formación inicial do profesorado a inclusión de novos modelos de ensino e aprendizaxe; organizar as actividades e os espazos buscando a súa lóxica dentro do ensino; valorar e ter en máis en conta os procesos que os resultados; manexar e saber aplicar a diversidade de recursos…

En definitiva, tratase de inventar un novo modelo de profesor ou como titula este monográfico reinventar dita profesión para que o profesorado poida facer fronte ás esixencias da sociedade actual. Rosalía Aranda, decana da facultade de Formación do Profesorado e Educación da Universidade Autónoma de Madrid di que é fundamental promover unha formación que posibilite a adquisición de competencias didácticas e pedagóxicas. Por iso é preciso que se endurezan os procesos selección de ingreso e dos programas das facultades de ciencias da educación; a promoción da actualización continua do profesorado; promover a preparación de novos docentes orientada á docencia, á innovación e á investigación; mellorar a inserción profesional… Como denuncian no artigo é o momento de demandar a presenza de novos escenarios educativos e unha función docente reivindicadora do ensino.

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA:

Consejo de Redacción.(2010). Reinventar la profesión docente, un reto inaplazable.  Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 68 (24,2),11-14. Recuperado de: http://www.aufop.com/aufop/uploaded_files/revistas/127929800810.pdf

 Recuperado de:

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/04/24/actualidad/1398368512_952218.html

 

 

 

Comentarios

  • Mirian Cortiñas Pérez

    Moi interesante Adriana!

    Penso que sempre demandamos que os profesores teñen que adapatarse a un novo contexto educativo, xa que as escolas son escenarios nos cales os alumnos van cambiando día a día, pero como ti reflexas nesta entrada os profesores non están preparados para eso xa que a formación que reciben non é moi diferente a de anos atrás. Por outra banda, a solución non está en cambiar as leis senon en facer un análise das necesidades do sistema educativo a grande escala e a partir desas necesidades formar a futuros e actuais docentes para propoñer un verdadeiro cambio do sistema.

    Un saúdo!

  • Leticia Gallardo

    Boas Adriana! Creo que realizas aquí unha entrada moi boa na que recolles ideas moi reais. Eu diría que sabemos que profesor buscamos pero que nos falta a base para logralo, pois coma sempre é o profesor transmisor de contidos o que triunfa, debido a que non se lle axuda a que sexa doutra maneira e, polo tanto, vense faltos de formación para coller as rendas da súa profesión. E, como ben ti dis, isto non é cuestión de cambios lexislativos.

    Saúdos!!Wink