Deconstrucción do Plan Anual de Formación do Porfesorado

1.INTRODUCCIÓN:

Nesta actividade,o me compañeiro Iván e máis eu pretendemos levar a cabo unha deconstrucción do Plan Anual de Formación do Profesorado, o cal foi realizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Comezaremos tratando de maneira máis puntualizada aqueles apartados que nos foron asignados na clase e comentaremos dunha forma máis global aqueles aspectos que se lles asignaron ós nosos compañeiros. Para rematar, faremos unha descrición dos CFR e analizaremos críticamente o Plan engadindo aspectos que consideramos que debería posuír.

 

 

2.CONTIDOS:

 

Normas Xerais:

En canto ó apartado das Normas Xerais, as actividades desenvoltas irán dirixidas ao profesorado e persoal docente especializado que desempeña a súa labor en centros sostidos con fondos públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Neste apartado móstransenos os criterios xerais de prioridade que se Terán en conta para a selección e admisión individual dos participantes. Fálase tamén sobre a aplicación de certas normas básicas que se establecerán en todas as actividades.

Amósasenos tamén o procedemento a seguir polas persoas unha vez convocadas, así como as condicións excluíntes para a asistencia e os distintos tipos de axuda.

Por outra parte tamén aparecen reflexados os criterios de avaliación e o proceso de certificación.



Convocatorias:

No referido a este apartado atopamos:

-Conten o tipo de modalidades que Terán as convocatorias.

-Tamén conten as convocatorias para os reintegros individuais e a organización e requisitos dos mesmos. ( Apoiar e axudar ó profesorado e para facilitarlle a realización de actividades de formación libremente elixidas por el.) Actividades dirixidas non a todos os profesores



Erasmus:

No presente apartado destacamos:

-Presentan cambios importantes na estructura e funcionamento do programa Erasmus, o cal pasa a chamarse Erasmus+.

- Tamén se nos amosa un esquema comparativa entre o PAP do antigo modelo e o modelo actual do Erasmus+.

-Outro dos contidos deste apartado é unha exposición dos pasos previos para a participación dos centros en Erasmus+.

-Conten tamén un apartado destinado a proporcionarnos os enlaces aos órganos de xestión do programa.

-O seguinte é un apartado de información cos prazos de solicitude.

-O último apartado recolle o organismo encargado da certificación e un enlace informativo correspondente.



3.FORMACIÓN EN CENTROS E CAFI:

Estos apartados foron tratados polos nosos compañeiros e o que podemos decir sobre eles é:

 

En canto ó plan de Formación de Centros comentar a grandes rasgos que posúe unha Convocatoria de Grupos de Traballo que está dirixido ó profesorado en activo de todos os niveis excepto no nivel Universitario e unha Convocatoria de Seminarios na que se inclúen as características xerais, os compoñentes a duración e o orzamento, a xestión, preinscrición solucitude de participación e procecto da actividade , a comisión de selección, asesoramento, seguimento, socumentación que deberán entregar ó final da actividade, a avaliación final, a certificación, a difusión e a publicación de materiais.

 

Dos CAFI, decir que neste apartado, existen dúas modalidades de formación, que son: presencial e através da rede.

Da presencial, decir que ofrecen cursos bastante variados que abarcan diversos ámbitos tratados nos centros educativos e que non so se aplican a materias concretas e que poden ser empregados en diversos temas sendo de gran utilidade para os docentes. En canto ás linguas, pensamos que debería existir unha variedade maior.

Da formación en rede decir que pode resultar máis cómoda xa que non é de carácter presencial e normalmente oferta entre 50 e 100 plazas.

 

 

4.CFR

 

Os CFR son Centros de Formación e Recursos e dependen do servizo de Formación do Porfesorado da Xunta de Galicia.

Todos eles posúen unhas características comúns que se deben concebir como elementos vertebradores do sistema educativo e que teñen como función ser a formación permanente do profesorado non universitaria pertencente á escola pública da Comunidade Autónoma de Galicia no que se intercambiarán experiencias e reflexións obre os procesos educativos.

Na nosa Comunidade Autónoma atopamos seis CFR situados en Lugo, A Coruña, Ourense, Ferrol, Pontevedra e Vigo.

As funcións que levan a cabo soen coincidir en todos eles sendo as máis destacables:

-Xestionar as accións formativas dos plans anuais de formación e colaborar na formación a distancia.

-Atender ás necesidades de formación de diversos centros.

-Fomentar a difusión de experiencias innovadoras dos profesores.

-Promover e difundir a elaboración de materiais didácticos e de apoio á acción educativa.

-Impulsar a investigación educativa.

Tamén deberán realizar calquera outra acción que lle veña encomendada pola Administración.

Algunhas das particularidades por cidade son as seguintes:

 

CFR A Coruña:

Profporcionan ó profesorado un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico.

 

CFR Lugo:

-Promove accións encamiñadas á normalización lingüística.

-Colabora con outras institucións que realizan funcións de formación permanente.

 

CFR Ourense:

-Facilitalle ó profesorado un servizo de documentacuón e repositorios de materiais educativos.

 

CFR Pontevedra:

-Fomentan o uso das TIC entre o profesorado.