Educación clásica vs Educación en competencias

Fai relativamente pouco demos por concluída a materia de Pedagoxía laboral, impartida con Mar Lorenzo, e comezamos a prepararnos de cara ao exame de dita materia.

Mentres estudaba os apuntos vin un punto o cal me chamou especialmente a atención. En dito punto facíase referencia a formación continua e o peso que ten actualmente nas empresas.

O caso é que mencionaba que ahora mesmo as empresas premiaban o desenvolvemento das competencias dos traballadores, é decir, a capacidade que tiñan os traballadores de poñer en práctica ditas competencias para resolver os problemas que puideran xurdir no seu posto de traballo.

A verdade e que isto me fixo reflexionar, xa que persoalmente creo que o sector privado soe ir sempre un paso por diante do sector público, especialmente nos aspectos que lles supoñen beneficios.

Por un momento pareime a pensar se de verdade no noso sistema educativo existe esa preocupación por desenvolver as competencias dos alumnos, e por competencias non me refiro a competencias matemáticas senón a competencias como a empatía, a motivación o pensamento analítico,etc...

E a verdade e que creo que actualmente no noso sistema educativo non existe esa preocupación, o cal considero un gran erro.

Si que é verdade que o ministerio de educación establece unha serie de competencias básicas, dacordo coas propostas que realiza a Union Europea en materia de educación, pero esas competencias soen ser moi xerais e teñen múltiples interpretacións.

Por exemplo, no ámbito das ciencias sociais céntranse en dar información sobre a organización da nosa sociedade, das nosas institucións, pero non se molestan en desenvolver a empatía do alumno, ou a capacidade de liderazgo ou fomentar o coñecemento dun mesmo.

Do mesmo xeito no ámbito das ciencias o máis importante é que os alumnos coñezan determinados principios ou fórmulas, pero non fomentan a curiosidade do alumno ou a súa capacidade de razoamento e de pensamento analítico.

Moitos sosteñen que para que un proceso de aprendizaxe sea sólido debe de contar con tres bases que serían os valores, os coñecementos e as competencias.

O malo de todo isto é que no noso sistema educativo téndese a centrarse tan só nos coñecementos. A moitos nos ten pasado, especialmente nos estudos secundarios, de estudar para un exame simplemente memorizando todo o contido, sen pararnos a reflexionar sobre o mesmo. Os resultados podían ser moi bos e sacar moi boa nota nese exame. Pero sen embargo, se nese exame pediran reflexionar sobre o estudado moitos non serían capaces, e á maioría olvidaríaselles o que estudaron pasadas unas semanas.

Pódese considerar entonces que a asimilación do contido de esa materia foi un éxito tan só porque a maioría dos alumnos superaron un exame? O certo é que non. Non pretendo decir que o estudo e asimilación de coñecementos non sexa importante, por suposto que é importante. Pero non debe de ser o único aspecto que se trate no noso sistema.

Para min as competencias deben de estar tan valoradas como os contidos, porque considero que deben de ser a base do aprendizaxe. A asimilación de contidos está claro que é un dos fins do sistema educativo, e debe de seguir sendo así, pero dita asimilación non vai a ser efectiva se antes non se desenvolveron certas competencias no alumno.

Se non empeñamos en impartir un contido a un alumno sen ter en conta a súa motivación, a súa capacidade de razoamento ou a súa capacidade de análise o máis seguro e que ese alumno non asimile o contido, ou en casos como o que comentei antes que o asimile sen comprendelo, olvidandoo ao pouco tempo.

Creo que a vontade de cambiar esto debería de vir do propio goberno, pero requeriría dunha gran inversión e dunha forte remodelación do noso sistema actual. Sen embargo os profesores e profesionais da educación poden facer certos cambios por sí mesmos que marquen unha diferencia na maneira de formar aos seus alumnos.

Dende o meu punto de vista os futuros pedagogos que pretendan centrar a súa actividade na formación deberían de reflexionar sobre isto, pode ser que moitos non coincidan con esta versión do que debería de ser a educación pero sen dúbida é un enfoque interesante sobre o que vale a pena investigar.

 

Por último deixo un artículo sobre o desenvolvemento de competencias profesionais cun caso práctico, que aínda que ten un enfoque máis ben adicado ao mundo laboral considero que é moi interesante e que posúe algúns aspectos que se poden aplicar a moitos ámbitos:

 

Ugarte, C. y Naval, C. (2010). Desarrollo de competencias profesionales en la

educación superior. Un caso docente concreto. Revista Electrónica de

Investigación Educativa [Número Especial]. Consultado el 10/12/2014

 

http://www.scielo.org.mx/scielo.php?pid=S1607-40412010000300003&script=sci_arttext