Reflexión sobre os docentes que pasaron polas nosas vidas.

Nesta reflexión analizaremos o profesorado en función da nosa experiencia previa nas antigas etapas educativos: Educación Infantil, Primaria, Secundaria e ata os nosos días, a Universidade. Dito documento está realizado por Noelia Castiñeiras Seco, Carla Deira Noya e Estefanía Pereira González.

Antes de botar a vista atrás para construír unha opinión conxunta no que ao profesorado se refire, decidimos organizar o devandito documento centrándonos en cada etapa educativa individualmente para rematar cunha conclusión a modo de síntese.

Comezando coa etapa de Educación Infantil, o grupo coincidimos en que se trata dun período de “adaptación” entendendo polo mesmo e na maioría dos casos o primeiro contacto que un neno ou nena ten coa escola, posto que a educación é obrigatoria dende os 3 anos. Por iso, dito comezo foi para nós o primeiro abandono do fogar, coincidindo as tres en que os recordos son moi positivos, tendo a nosa mestra-titora como unha segunda figura materna posto que era unha persoa moi arraigada a nos, a cal nós trataba con moito cariño e dedicación, establecendo unha relación bidireccional máis afectiva que académica.

Seguindo a liña do exposto no anterior parágrafo, consideramos necesario destacar que o feito de ter a mesma mestra durante os tres anos que abrangue este ciclo é relevante debido a que se establecen vínculos de unión moi fortes, tanto cos alumnos e alumnas como cos demais axentes externos ao centro, que nesto caso son a familia en xeral e os pais en particular.

Dende o noso punto de vista, o profesorado de infantil intentaba que a súa metodoloxía nas aulas fose de índole interactiva, dinámica e didáctica favorecendo o proceso de ensino-aprendizaxe, onde a través de isto xogábamos e pintábamos ao mesmo tempo que aprendíamos.

Pasando á seguinte etapa que é a Educación Primaria, temos uns recordos similares aos de infantil coa diferenza de que o profesorado ía cambiando dependendo da materia que se impartise e do ciclo, pois a medida que cursábamos os diferentes niveis educativos primarios os nosos mestres xa non se presentaba como unha figura de apego tan próxima ao alumnado, e comezaban así as nosas responsabilidades académicas e persoais, os deberes, os exames, as tarefas extraescolares, os traballos, etc. Malia o incremento de responsabilidades e coñecementos, o profesorado mostraban interés polas necesidades e problemas persoais, como por exemplo, no caso de estar enfermas e non poder asistir ás clases amosábanse preocupados e por iso chamaban aos nosos pais para saber o noso estado de saúde.

A seguinte etapa é a de secundaria, a cal supuxo para nós un gran cambio pois pasamos de ter vínculos afectivos cos nosos profesores a velos como aquela persoa que imparte clase, manda tarefas para a casa e nos examina, chegando en moitos casos a amosar unha actitude negativa cara nós. Isto pode ser debido a que moitos dos mestres que imparten docencia nas diferentes materias de E.S.O. son persoas tituladas nun determinado campo, como por exemplo, filoloxía, matemáticas, etc., as cales non tiveron unha formación específica para a docencia e polo tanto non saben como enfrontarse a unha clase repleta de adolescentes.

Polo tanto, nesta etapa consideramos que nós como alumnas aprendíamos de forma significativa e autónoma onde os profesores desempeñaban un rol profesional como un guía que nos establecía unhas determinadas pautas que nós debíamos cumprir.

A derradeira etapa que imos a tratar é a que se refire a nosa estancia na Universidade. As tres compoñentes deste grupo cursamos a carreira de Maxisterio (dúas de Educación Primaria e unha de Infantil), polo que xa temos unha vivencia sobre este sistema universitario e máis alá disto, podemos dicir que temos unha dobre perspectiva posto que cursamos os estudios polo antigo plan e Pedagoxía polo novo, o Plan Boloña. Mencionamos este feito debido a que cremos que o profesorado precisa formarse a medida que vai avanzando o tempo, xa que estamos inmersos nunha sociedade cambiante.

Analizando as relacións co profesorado na universidade, as tres coincidimos en que non se establecían vínculos máis alá que o de profesor-alumno. Sen embargo, inda que esta era a “regra”, sí que nos atopamos na nosa andaina universitaria mestres e mestras que se interesaban por nós. Polo tanto, a figura do docente universitario amósase afastado interesándose única e exclusivamente por que os seus discentes acadan unha serie de obxectivos comúns e adquiran uns coñecemento.

Relacionando a nosa estancia na universidade como alumnos de Maxisterio e actualmente de Pedagoxía co coñecemento e estudo doutras materias sobre a formación do profesorado, tivemos materias como son Didáctica Xeral na que se tratou a grandes trazos a ensinanza como función docente, as súas diferentes características e modelos, e moi en xeral a formación do profesorado. Malia ter preestablecidos ditos contidos nesta materia, debemos mencionar que realmente non se levaron a cabo en profundidade, de maneira que só coñecemos algunhas pinceladas de dito campo.

Para concluír a presente reflexión e tendo en conta o dito na clase interactiva de hoxe (18.09.14, clis_02), debemos destacar a diferenciación do perfil profesional  por sexo, claramente na etapa de Educación Infantil predominan as mulleres, e xa é na etapa de Educación Primaria cando aparecen os homes como profesionais da educación.

Por outra banda, outro aspecto de interese é o relacionado coa vocación profesional, neste caso, a docente. Isto é, vemos unha notable diferenza no profesorado das diferentes etapas entre os docentes que teñen vocación e os que non.

Persoalmente temos que salientar que a nosa experiencia co profesorado que tivemos ao longo da nosa vida académica marcou a elección do noso futuro profesional, pois as tres decidimos cursar os estudos de maxisterio, posto que gardamos moi bos recordos desa figura adoptándoa como un modelo de referencia.

E para finalizar, deixamos caer unha pregunta ao aire, estamos preparadas e preparados profesionalmente para introducirnos no mundo laboral como futuros profesionais da educación?