Reformulación do Plan Anual de Formación do Profesorado (PAFP) 2014-2015

Nesta nova entrada  faremos unha proposta de reformulación do Plan Anual de Formación do Profesorado 2014-2015, na cal modificaremos unha serie de elementos chegando a modificar a estrutura na que se divide este proxecto. Dito post está realizado por Carla Deira Noya, Estefanía Pereira González, Raquel Rodríguez Paz e Tania Vieites Lestón.

En primeiro lugar, botamos en falta unha introdución que nos explique en que consiste o plan así como que nos faga un breve resumo do que podemos atopar nel, xa que aquela persoa interesado no PAFP non pode facerse unha idea do que este recolle. Así mesmo, nesta introdución tamén deben aparecer unha serie de obxectivos os cales se pretenden alcanzar con dito plan, destacando unha análise de necesidades para poder cuestionarnos sobre estas necesidades que debería intentar responder dito plan. Ao mesmo tempo, neste Plan debería estar de maneira mais notoria a concepción do profesorado e a súa formación.

En canto ao índice,un dos elementos que reformularíamos é a distinción en dous apartados que corresponde a “Formación en centros” e “Actividades de formación”, pois consideramos que a primeira debería estar incorporada nese apartado de actividades, posto que é unha tarefa dese ámbito: a formación. Así mesmo, pensamos que se debe integrar un apartado de avaliación das actividades propostas neste Plan, así como engadir  en cada gran apartado unha introdución.

No primeiro apartado deste índice, “Normas xerais”, e dentro deste en “criterios de admisión” aparecen os destinatarios deste plan, pero botamos en falta que non teñen en conta a aqueles profesionais de centros educativos privados, polo cal incorporariamos a este colectivo co fin de proporcionar a mesma formación para calquera docente e ao mesmo tempo propiciar unha igualdade de oportunidades.

En canto ao terceiro apartado deste Plan, “Erasmus +”, pensamos que a información que aporta é insuficiente, xa que non se explican os requisitos a ter en conta neste, p cal nos parece unha cuestión sine qua non para poder coñecer en profundidade este programa educativo de estudos. Tamén amosa este plan unha serie de enlaces ou links cos cales se pode acceder a máis información, pero cremos que isto debese reformular e propoñer que se faga unha breve explicación do que se pode atopar neses enlaces web. Tamén propoñemos, neste mesmo apartado, os obxectivos e contidos que se pretenden alcanzar co programa Erasmus+, xa que así os destinatarios  poderán coñecer o que se vai a tratar.

Con respecto ás modalidades de formación, cómpre sinalar a incorporación das  traxectorias e itinerarios de cada profesor ao mesmo tempo que sería conveniente afondar nas  modalidades de formación, xa que englobando o dito anteriormente coas actividades propostas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) podemos ver que case todas son cursos, xornadas e encontros o cal resulta insuficente para formación en exercicio do profesorado.

En canto ao apartado das actividades, cremos que estas carecen de formación nas TIC sendo só mencionadas nalgúns CFR, xa que no proceso de integración en canto ao sistema educativo galego detéctase a necesidade de proporcionar ao profesorado instrumentos de valoración para coñecer a propia competencia en  TIC docente, así como elixir as tarefas que mellor respondan ás súas necesidades, tendo en conta ao alumnado e o centro educativo. É necesario coñecer os recursos e o uso das TIC,  así como a súa didáctica e metodoloxía, xestión escolar e actitude dos docentes mediante as actividades formativas.

Nos puntos que destacan as actividades propostas polo CAFI e pola Administración, pensamos que os docentes deben exercer un papel protagonista na toma de decisións á hora de elixir as tarefas que levarán a cabo nos seus centros e as horas que implican a súa implementación, sendo esta unha proposta de reformulación fundamental co fin de non restarlle importancia a labor docente dos destinatarios do plan.

Na nosa opinión, as actividades propostas pola Administración só se centran no título e nas horas necesarias para a súa realización pero non reflicten os obxectivos que se deberán acadar, un elemento esencial para coñecer as expectativas das actividades, así como sinalar a que etapa educativa vai dirixida ou mesmamente explicar con que recursos se levarán a cabo.

Como proposta, coidamos que as actividades poderían ser realizadas entre máis dun centro e cunhas características similares xa que, por exemplo, non se poderán levar a cabo as mesmas tarefas nun centro de interior que nun centro de costa. Así como, debemos ter en conta a posibilidade de realizar tarefas entre os diferentes CEFORES da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por último, é necesario sinalar unha ausencia dun elemento clave en calquera tipo de formación como é a avaliación das actividades propostas neste plan anual de formación do profesorado. Propoñemos realizar unha avaliación continua co fin de facer un seguimento na implementación deste plan ,ao mesmo tempo que proporciona a posibilidade cambiar aspectos susceptibles de mellorar.