Smart Table, o pupitre dixital

Buscando novos xeitos de incluír as TIC nos centros de ensinanza descubrín a 'Smart Table', unha mesa táctil orientada á aprendizaxe dos nenos nas aulas. Está composta por unha carcasa metálica con forma de mesa que, basicamente, encerra no seu interior unha computadora con sistema de son, un proxector de pequenas dimensións, e unha pantalla táctil.

As posibilidades multiusuario e multitoque desta mesa baséanse na tecnoloxía Visión Dixital Táctil, que utiliza cámaras dixitais e software complexo para determinar o contacto do dedo, dun rotulador, un punteiro ou calquera outro obxecto. Esta tecnoloxía asegura que, xunto cunha calidade de imaxe superior, os alumnos teñan un control preciso e intuitivo do toque ao usar a 'Smart Table'.

A 'Smart Table' proporciónalle flexibilidade aumentada, tanto en termos de contido como de estilo de ensino. Grazas ao Kit de ferramentas 'Smart Table' pode gozar dunha fonte case ilimitada de actividades para o seu centro de aprendizaxe interactiva. O kit de ferramentas axúdalle a personalizar actividades preparadas e crear novas actividades.Mentres os alumnos aprenden, vostede pode mellorar e redeseñar as actividades para manter o reto que para eles supón e, así, mantelos involucrados.

O centro de aprendizaxe interactiva 'Smart Table' promove a colaboración dos alumnos nas distintas actividades. Á vez que traballan, os alumnos teñen a oportunidade de desenvolver habilidades motoras, sociais e cognitivas. Incluso os alumnos relativamente tímidos senten cómodos ao participar e mostran habilidades de liderado cando completan traballo en grupo.

Con este tipo de aparellos búscase cambiar a antiga aprendizaxe memorística,cunha excesiva carga por parte dos compoñentes cognitivos e tremendamente individualizada, por unha nova máis gráfica, aplicada, interactiva e colaboradora que fará da aprendizaxe unha viaxe máis entretida e dinámica para os rapaces.

 

                                  Imaxe dunha Smart Table