Reflexión sobre o meu primeiro contacto coa materia

A miña impresión sobre os primeiros días de contacto coa asignatura foi moi satisfactoria, e á vez, tamén espertou en min curiosidade. No meu primeiro Practicum nun aula de Infantil, tiven a oportunidade de coñecer a unha mestra interesada co manexo das novas tecnoloxías nas aulas de Educación Infantil. Cría que os nenos de hoxe en día debían aprender na aula como aprenden nas súas vidas fóra da mesma, polo que o uso da tecnoloxía era un aspecto imprescindible nos tempos que corren. Con ela coñecín recursos da rede moi interesantes e que funcionaban moi ben.

Na miña vida persoal puiden aplicalos máis tarde, e afirmei como os nenos de hoxe en día se desenvolven moi ben coas tecnoloxías. Por iso, cheguei a esta asignatura con ganas de aprender moito máis acerca das tecnoloxías en relación coa educación. Debemos conseguir un aula aberta ao medio, e non cabe dúbida de que a nosa sociedade non pode entenderse sen a tecnoloxía. Como futuro mestra, creo que poden resultarme de moita utilidade estes coñecementos.

Sen embargo, non só creo oportuno a necesidade de aprender o manexo das tecnoloxías e os recursos que ésta nos proporciona. Sen ón coñecer de verdade como poden mellorar a aula a introdución da tecnoloxía no sentido má is amplo do termo. Porque non importa só saber que utilizar ou ter os recursos adecuados, senón saber como e ante todo, o porqué de introducir nun aula a tecnoloxía. Por iso, espero que esta materia me ensine os pros e os contras da tecnoloxía e como podo asegurar nun aula as mellores experiencias para os meus futuros alumnos.

Respecto a metodoloxía de traballo, a primeira sesión expositiva resultoume moi interesante porque de verdade cambiaba un pouco o traballo convencional do discurso do mestre para transmitir os seus contidos. Foi unha clase amena na que ademais de facernos pensar, coñecimos novos recursos para a transmisión de contidos, neste caso nun aula de Universidade. En conclusión, teño moitas expectativas en torno a esta materia que espero que poida cubrir durante estes catro meses.