• Blogs
  • ana noya
  • Reflexión sobre o meu primeiro contacto coa asignatura

Reflexión sobre o meu primeiro contacto coa asignatura

Por ana noya

Debo recoñecer que o primeiro día que asistín á clase de TIC ía un pouco perdida, sen saber moi ben a que aterme . Non sabía se serían clases entretidas, nas que aprendésemos a traballar realmente coas tecnoloxías ou si se quedarían en clases teóricas sen relación co futuro que nos espera nas aulas. Para a miña sorte, levei unha grata sorpresa, pois aínda que nun primeiro momento, a explicación da materia resultoume un pouco agobiante, logo descubrín que o día a día nas clases sería dinámico e incluso divertido.  Quizais sexa, porque para min, é un tema de interese, pero a verdade, e que as clases se me fan moi levadeiras. Entre as noticias de actualidade, os xogos, os vídeos, etc as expositivas son moito menos pesadas. Ademais, que tanto nas expositivas como nas interactivas se nos anime a participar, é para min, un punto moi positivo a favor desta materia. Se as clases son dinámicas é máis doado manter a atención. Outro aspecto destacable, é a implicación das mestras, que tanto pola rede social, como na aula nos poñen recursos e información ó noso alcance para aumentalo noso coñecemento. A súa implicación é un incentivo para que nos tamén nos impliquemos. A única pega que poría sería, que baixo a miña opinión, vamos un pouco apurados nas interactivas, pois as veces sinto que non estou recollendo todo o que se nos explica, que non me da tempo a asimilar todos os novos datos…gustaríame por exemplo, que fixésemos algunha práctica na aula do que estamos a tratar, porque, no meu caso,para aprender significativamente necesito poñer en practica o  aprendido. Supoño, que aínda é cedo, e isto do que falo o faremos o longo da materia, polo que só me queda esperar mantendo as altas expectativas coas que comecei a materia.