Primeiro contacto coa materia

Coincido con moitas das miñas compañeiras en que antes de comezar coa materia, sentía incertidume por saber en qué consistiría, especialmente se se achegaría máis a unha materia máis teórica ou máis práctica. E polo visto estas semanas, a pesar de ver que existe moita teoría detrás disto, as clases son moi prácticas e entretidas. Os PowerPoints que se presentan son interesantes e non están cargados de información, senón que son concretos. Ademais, o emprego da aplicación de Kahoot axuda a asimilar os conceptos que imos vendo dunha maneira dinámica.

Persoalmente, considero as TIC importantes e que poden ser beneficiosas para a educación, o pero é que os mestres non están formados de maneira axeitada para isto. Nesa situación inclúome xa que non posúo moitas destrezas en canto as novas tecnoloxías e por exemplo, tampouco as posuía a miña titora de prácticas no colexio a pesar de estar cada vez máis exposta á utilización destas. Por esta razón, creo que esta materia me axudará un pouco máis, tanto a comprender como a utilizalas para a miña formación como docente (a pesar de que sexa unha formación constante).

Por poñer unha pega deste comezo na materia, considero que os textos que nos propuxeron as mestras eran moi densos e cunha linguaxe complexa que non acabei de comprender con exactitude.

Por último, destaco que me asombrei moito de todo o que abarca as TIC, xa que non só consiste no manexo de ordenadores ou móbiles. E sobretodo, cómo inflúen na vida dos nenos. Quédome cunha frase que saiu na clase expositiva a raíz dun vídeo: "Nenos que saben utilizar tablets pero non revistas". E se son beneficiosas as TIC, por qué ocorre isto? Qué se está facendo mal?