O meu primeiro contacto coa materia

Cando soupen que unha das novas materias do cuatrimestre abarcaría as novas tecnoloxías, o primeiro pensamento que tiven é que ía ser unha asignatura a cal me incorporaría novidosas oportunidades para o desenrolo da miña futura profesión.

Polo que respecta, ao primeiro contacto con ela non me defraudou senón que me suscitou un gran interese por como se ían desenrolar as demais sesións, a primeira impresión respecto a dinámica das clases pareceume innovadora e entretida creando unha motivación nos estudantes que favorece o seu desarrollo.

Na miña opinión, é unha das materias que máis me agrada xa que incorpora algo fundamental do mundo actual, ademais de ser sesións moi útiles e amenas creando un gran interese e proporcionándonos grandes instrumentos.

Por último, considero moi importante que se dea a posibilidade de formarnos empregando e coñecendo máis o mundo das TIC´s para o seu posterior emprego como docentes xa que nos abren un amplo ábaco de posibilidades no desenvolvemento de actividades.