O meu primeiro contacto coa materia

Por Rebeca

A miña opinión sobre a materia pasou por diferentes fases. A primeira impresión foi de incertidumbre xa que non sabía exactamente que coñecementos adquiriríamos e cales serían as súas aplicacións. Ademáis a miña postura ante este mundo dixital é a dunha "antitecnoloxía" e polo tanto a idea de ter tres horas á semana sobre este tema non era moi apetecible. Pero por outra banda, son consciente de que o noso día a día está rexido pola tecnoloxía, dende unha simple alarma mañanera, pasando polo café quentado no microondas ata unha sesión de tv vendo a serie favorita, logo de facer un traballo no ordenador.

A segunda fase foi de certa aceptación, xa que tal materia ofrece un amplo abano de aplicacións e programas, así como explicacións do seu funcionamento e a ampliación de coñecementos útiles e funcionais para elaborar traballos, proxectos e actividades para o alumnado de infantil.

A terceira e última fase, ata o momento, é dun 50% é decir, sí considero necesario as novas tecnoloxías pero non imprescindibles. E isto foi a raíz dunha visita ó centro escolar onde fixen as prácticas. A mestra informou de que internet non funcionaba e preguntou ao alumnado que podían facer? Onde podían buscar información para o proxecto que están levando a cabo? Repasaron todos os buscadores: googlechrome, firefox, mozilla, google... A mestra alegou que non funcionaba o ordenador! E volveu preguntar onde poderían buscar información? Outro material para buscar información? A resposta foi tan unánime como desconcertante "teremos que levarlle o ordenador a un arrejladeiro" ou "compramos outro ordenador" ... Pero ninguén suxeriu utilizar os libros, algo tan sinxelo como un libro!

Tal disgusto foi o que me axudou a chegar á conclusión de que debemos favorecer o uso dunha amplia diversidade de recursos sen desfavorecer a ningún e dandolle a oportunidade a todos.


Rebeca Oliveira García