Carta á Tecnoloxía

Querida Tecnoloxía:

Fai moitos anos, cando era unha meniña, tomei un primeiro contacto contigo e comecei a coñecerte con xogos infantiles.

Foron pasando os anos e a nos relación foi mellorando xa que o contacto cada vez era maior contigo e o único que me aportabas era diversión.

Non fai moitos anos axudáchesme a poder comunicarme de maneira máis fácil cos meus amigos e a axudarme cos meus traballos na escola. Alí foi onde comezamos a ter algún problema xa que a información que me deches non era a correcta. Naquela poca confiaba en ti aínda que moitos me decían que non sempre eras de fiar e dinme conta de que iso era verdade. Tivemos moitos problemas ben sexa cando perdín obxectos cos que estaba en contacto contigo ou me deixaron de funcionar.

Pasaron anos e anos e sigo tendo a impresión de que a pesar de que levamos anos xuntas e o noso contacto cada vez é maior, incluso diaraiamente, non te coñezo. Parece mentira dicir esto pero non sei todo o que debería saber sobre ti. Sabes moito sobre min, dende a miña apariencia física ata os meus gustos, habilidades, intereses, como poñerse en contacto conmigo, onde vivo pero eu sobre ti... apenas coñezo...

Agardo que cada vez te coñeza máis e o noso contacto sexa de maneira máis profesional e sen deixar de lado a amizade e o ocio.

Cada vez noto máis importante a túa presencia en todos os ámbitos da miña vida e espero que non me deixes de lado como o tes feito no pasado. Non quero ser rencorosa porque confío en que a nosa relación non se estanque e sempre vaia a mellor.

Un saúdo amiga.