Tecnoloxía educativa

A miña relación coas novas tecnoloxías adoita ser boa, non bastante boa, pero si boa. Non me considero unha experta no tema nin moito menos, pero si logro defenderme no necesario, tanto para a vida académica como para a miña vida privada. Sempre envidiei a esas persoas que son capaces de facerse expertas neste campo, coma meu irmán, un experto en todo o tecnolóxico. Pero non sempre se pode ser un experto en todo.... A primeira toma de contato foi xa fai mnoitos anos, cando aínda era unha meniña, cando aínda non eres consciente de que hai información errónea e información que precisa dun filtro. Unha toma de contato moito máis tardía que a que teñen as novas xeracións, que coma quen día xa nacen cun smartphone debaixo do brazo. Cando comecei a usar un ordenador e entrar en internet, non era moi consciente do que podería chegar a facer con el e pensaba que toda a información que alí se recollía era unha información veraz. Co meu primeiro movil vin unha posibilidade de poder estar conectada con moitos dos amigos e amigas que as veces me era case imposible ver, case como agora, pero si que foi toda unha novidade para min cando meus pais mo regalaron. A pesar de poder acceder a todos estes aparellos tecnolóxicos non recibin ningún tipo de formación sobre como debería facer un bo uso desta, foi algo que fun aprendendo ao longo da miña curta vida, e ao longo de moita práctica. E é por isto mesmo polo que necesitamos dunha educación neste campo xa que hoxe en día xa case e imprescindible saber manexar todas as tecnoloxía, vivimos nun mundo e nunha época onde a tecnoloxía se fixo moi necesaria, tanto para a busca de información como para o propio lecer, unha educación que nos ensine a manexar estas tecnoloxías, unha educación para advertir dos perigos que teñen as novas tecnoloxías que se comezan a usar a idades cada vez máis temperás.