Reflexión sobre tecnoloxía

Querida tecnoloxía: Todos os días manteño relación contigo a través do uso, pricipalmente, do teléfono móvil para falar, a través da aplicación "whatsaap", cos amigos e amigas a fin de contarnos aqueles sucesos máis relevantes que se producen no transcurso da nosa vida diaria e para intercambiar imaxes, videos ou notas de voz de aqueles sucesos que nos resultan de interese. Tamén emprego as redes sociais Twitter e Facebook a fin de coñecer as noticias que se van producindo ao longo do día e para ver aqueles enlaces ou páxinas que os meus amigos comparten ou clican en "me gusta". Ambas redes sociais tamén son empregadas para comunicarse, ainda que en menor medida que con outras aplicacións propias para o intercambio inmediato de información como os sms ou a xa citada aplicación "whatsaap". Cabe facer referencia aos e-mails que tamén son empregados a miúdo cunha relación máis próxima ao ámbito académico que á comunicación cos amigos. Débese mencionar tamén o uso do campus virtual para realizar consultar aqueles documentos que son traballados e explicados na clase, para o seu posterior estudo. Cabe decir con respecto a todo esto, que os avances na tecnoloxía son importantes porque fan a nosa vida un chisco máis sinxela, permitíndonos facer con menor dificultade certos movementos ou xestións. Ao mesmo tempo que se torna importante o teu uso nas nosas vidas, débese pensar acerca de cal é o papel que se che debe asignar. É dicir, axúdasnos a manter unha conversación instantánea entre dúas persoas aínda que non se encontren no mesmo espazo físico, pero o uso continuado do teléfono móvil fai que en moitas ocasións, en momentos onde a relación entre as persoas se torna importante, sexa practicamente inexistente debido a ese uso desmesurado do móvil. Sabendoche dar un uso adecuado, as posibilidades de mellora das nosas vidas son moi amplas, permitindo o acceso inmediato a unha gran cantidade de información e ao intercambio de información entre un amplo número de usuarios teus en todo o mundo.