O PEDAGOGO FRONTE AS TICs

Segundo un informe de Edutec “Competencias do pedagogo ante as NNTT”, as Novas Tecnoloxías están revolucionando a ensinanza tradicional, tanto nos materiais utilizados como na relación profesor-alumnos. Ao lado dos instrumentos e materiais didácticos tradicionais, as Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación debe de ir integrándose no ámbito educativo, e o poder de usa estas dentro dos programas de ensinanza e formación preséntase como unha axuda inestimable no proceso formativo. Esta transformación implica que as actuais xeración de estudantes de Pedagoxía teñan a necesidade de posuír capacidades relacionadas co uso do medio informático e telemático.

O profesor desempeña un papel importante, xa que el é o que selecciona os medios e ferramentas que considera axeitados para o seu alumnado. Para realizar estas actuación o profesor debe primeiro tomar decisións axeitadas de planificación do proceso didáctico e segundo levar a cabo unha boa explotación das posibilidades didácticas de eses medios.

Na tarefa de formadores de profesores, corresponde aos profesionais da pedagoxía unha complicada tarefa para axudar e alfabetizar aos profesores na súa adaptación aos linguaxes e recursos que as novas tecnoloxías lles ofrecen, así como deseñar, elaborar, analizar, interpretar e xulgar criticamente os seus efectos nos contextos educativos.

Segundo esta pequena investigación que lin, e onde anteriormente expoño os datos máis relevantes para min, podo dicir que, ao pedagogo esíxelle unha gran formación e capacitación nas Novas Tecnoloxías para poder encamiñar ao profesorado nunha boa aprendizaxe con TICs.

Eu penso que hoxe en día é moi complicado facerlle entender aos profesorado que toda a súa vida traballou co método tradicional, que as TICs son un recursos axeitado para a formación dos seus alumnos. Remítome por exemplo a visita que nos fixo a estudante de Maxisterio, onde expoñía os problemas cos que se atopou para poder realizar o seus proxecto e como ao finalizar non conseguir mudar o punto de vista do profesorado.

 

Referencias: