O meu PLE

O meu PLE

Nunca escoitara falar do PLE e logo da explicación, entendín que consiste no conxunto de ferramentas que empregamos cada un para adquirir información e aprender. Comprende tres procesos cognitivos básicos e con eles distribuín as ferramentas na creación do meu PLE: ler, reflexionar e compartir. Persoalmente, a miña variedade de ferramentas atópase no proceso de compartir, xa que nestes tempos, as redes sociais están de moda e comprenden en gran parte ese entorno no que todos nos podemos relacionar con todos.

Como se concluíu na interactiva: un PLE é para aprender a aprender. Temos que ser conscientes de onde lemos, onde e cómo reflexionamos e onde e con quen compartimos para favorecer a aprendizaxe propia.