Reflexión interactiva 24.2.2015

Por ana noya

O martes pasado comezamos a interactiva retomando o tema do PLE, xa que o concepto aínda non estaba de todo claro.  Eu persoalmente, aínda non sei se comprendín de verdade o significado destas siglas, xa que mentres facía o meu PLE xurdíronme algunhas dúbidas.

Despois de aclarar o concepto, continuamos falando de google : google académico, google imaxes e google tendencias. Os dous primeiros eran coñecidos para min, pero descoñecía todas as utilidades que nos explicou Ana. O último, google tendencias, pareceume moi interesante para traballar con el na aula, xa que é un bo recurso para utilizar nos proxectos, tanto para a busca de información verídica, como para a partir dunha noticia de actualidade, comezar o estudo dun proxecto.

Logo, Ana presentounos os canais de youtube. Pareceume un bo recurso para traballar como mestra, para seguirme formando e estar ó tanto dos temas de actualidade en educación. Seguramente tamén me poida ser útil na aula á hora de traballar cos nenos, pero de momento utilizareino para ampliar os meus coñecementos naqueles ámbitos que máis me interesen.

E despois… comezou o difícil, introducíndonos no mundo RSS. De isto, so vou comentar sobre o symbaloo xa que foi o único que puiden probar. Comecei con este programa, xa que tal e como nos explicou Ana, Netvibes é un pouco máis completo, pero tamén mais complexo, e como aínda non entendo moi ben o funcionamento de Symbaloo, que é máis sinxelo, prefiro esperar. De este último, gustaríame comentar, que dende o momento da súa presentación estiven moi interesada nel, xa que pareceume unha boa ferramenta para o día a día. Persoalmente, gústame a orde, polo que este recurso me parece estupendo para ser “ ordenada” tamén na rede. Gustaríame traballar máis días con este recurso,xa que como dixen, paréceme moi interesante.

Mentres eu  procesaba o anterior, a mestra presentábanos o programa Delicius, o cal non comprendín moi ben. Estou intentando manexarme con él, pero creo que non entendín ben a súa utilidade. A seguinte opción, Diigo,  resultoume máis interesante, xa que me pareceu un programa   máis sinxelo e máis claro.

Por último, para traballar a parte de reflexión, de creación, de compartir, Ana ensinounos tres programas: Scoop it, storify e google drive. Nunca traballara con ningún deles. O primeiro resultoume interesante, como moitos outros dos xa falados, para formarme e adquirir mais coñecementos,xa que nos permite estar ó tanto das opinións expertas e non tan expertas de temas do noso interese. O segundo pareceume un bo recurso para utilizar na aula xa que nos da a posibilidade de crear historias orixinais e creativas, o que nos abre un amplo abano de posibilidades no mundo dos contos, proxectos, etc.

En definitiva, esta clase, e as anteriores en xeral resúltanme moi interesantes e amenas, xa que lle vexo a utilidade a todo isto que estamos a dar, e é un tema que me intriga e me gustaría manexar mellor no día de maña. A única pega sería o apresurados que vamos nas clases, xa que son moitas as cousas novas que aprendemos e pouco o tempo para asimilalas. Sei que o tempo aprema e debemos dar os contidos, e cantos máis mellor para nós, pero estaría ben poder pararnos un pouquiño máis en cada programa explicado, xa que algúns de nos somos poucos áxiles no mundo dixital. Ademais, por outra banda, se puidésemos contar coas diapositivas antes das clases creo que nos sería máis doado seguir o ritmo e facer apuntamentos.