Identidade dixital

Aquí vos deixo dúas noticias sobre a identidade dixital:

Na primeira podemos ver como un neno, de 6 anos, xa ten identidade dixital,debido á publicación feita pola súa nai na rede de facebook. Considero esta noticia interesante para reflexionar sobre o que implica que os nosos futuros nenos teñan dende a infantil identidade dixital.   

Na segunda noticia exponse o caso dunha xoven actriz, Ana Allen, quen inventa case por completo a súa vida e a súa carreira profesional, a través das redes, por ser “ alguén importante” .Vin nesta noticia moita conexión co falado hoxe na clase, xa que nel vexo claramente o exemplo de “nas redes sociais ensinamos aquilo que queremos ensinar” pero non aquilo que “nós sabemos pero que non queremos que os demais saiban”…e vendo isto pregúntome, ¿canto de importante son agora as redes socias? ¿Importan ata o punto de crear unha vida paralela?Cada día vexo que miles de personas comparten a súa vida en facebook, twitter, instagram…e dicir, deixan a súa pegada dixital…pero só aquela que queren ensinar ó mundo.Ter unha conta nunha rede como poderían ser as antes nomeadas, permitenos crear unha identidade, facer un avatar que nos mostre dunha certa maneira ó mundo… pero              ¿ resulta tan importante ter unha “boa identidade dixital” que somos capaces incluso de inventar unha?A nosa identidade dixital, o como nos mostremos o mundo dende as redes, ten  unha  gran repercusión na vida real, e por iso doume de conta que cada día se considera máis importante estar presente nas redes sociais, chegando incluso a ser unha forma de vida, deste xeito vexo clara a frase que nos dixo Ana de “ se non estás, non eres”.

Por outra banda…Ana Allen, a través de programas como photoshop modificaba fotos de outras persoas e colgábaas nos seus perfís. Vendo isto eu pregunto ¿ Unha vez que publicamos unha foto na rede e pasa a ser de dominio publico, non volvemos a ter nunca máis dereitos sobre esa foto? , e dicir, ¿ calquera pode coller as nosas fotos e apropiarse delas sen ningunha repercusión?

Como conclusión gustaríame deixarvos unha pregunta : ¿ que pensades que ten, agora, no momento actual, máis peso na nosa imaxe como persoa?¿ a vida real ou a “ vida dixital”? Moitas das cousas que facemos no día a día pasan a publicarse nas redes, porque se non as publicamos parece que non sucederon, que ninguén as viu…e para sentirnos “alguén” precisamos compartilo e recibir aprobacións ( me gustas por exemplo), ou iso parece lendo esta noticia. ¿ Que opinades?

  1. http://goo.gl/5sjDGv
  2. http://goo.gl/9r7mvD

Comentarios

  • Ana Groba

    Hola Ana, 

    Muy interesante las cuestiones pero para que los demás la vean es mejor que la señales en el grupo de clase.

    En la opción Grupos, pincha en el nuestro,  dale a discusiones del grupo ( a la derecha) y ahí podrías escribir para que la veamos todos.

    Un saludo y ánimo.