A tecnoloxía...só unha ferramenta?

A continuación presentovos un vídeo que, na miña opinión, plasma de unha maneira moi sinxela e clara como a tecnoloxía pasou de ser unha ferramenta ou un recurso que nos facilita a vida diaria a estar imposta dende unha infancia moi temperá e modificar aspectos tan arraigadas na nosa cultura como poden ser os libros en formato papel.

A continuación deixovos o link do video para que poidades velo.

Logo do visionado deste video xorde a necesidade de pararse a analizar en que medida a tecnoloxía se está convertindo na pedra angular da nosa sociedade e afecta ó noso proceso de sociaización e de interacción co medio. Así mesmo cabe a posibilidade de plantexarse tamén se este avance e colonización por parte das novas tecnoloxías é positivo ou negativo para nos.

Dende o meu punto de vista creo que está chegando a un punto no que deixou de ser unha simple ferramenta e se está volvendo algo imprescindible para que podamos levar a cabo a nosa vida diaria, e iso non sei ata que punto é positivo para o noso desenvolvemento como sociedade.

Para rematar gustaríame citar unha frase que sonou hoxe na expositiva que me chamou notablemente a atención "As ferramentas rematan por cambiar as nosas vidas"