Actividade con RA e xeolocalización

      A temática da nosa unidade didáctica é “o mar”. Para aproveitar os recursos que aprendemos hoxe na clase, consideramos que un método de aprendizaxe divertido e que se axusta ben ó noso proxecto é a realización dunha xeolocalización da praia de Razo.

Os pasos para a súa realización son:

  1. Accedemos á paxina www.geociudad.com.

  2. Rexistrámonos ou accedemos á nosa conta.

  3. Na esquina superior dereita seleccionamos a opción Xestionar POIs.

  4. No mapa localizamos o lugar ou as coordenadas nas que queremos situar o punto de interese.

  5. Unha vez localizado completamos os campos que aparecen na dereita (selección de guía, título, descricións, atribucións, coordenadas, tipo de POI e imaxe que represente a ese POI).

  6. Gardamos o POI.
Sanín Sánchez, Lorena
Varela Rama, Sara