CARTA Á TECNOLOXÍA

Querida “Tecnoloxía”:

Mostro o meu interese por escribirlle para comentarlle diversas cousas sobre as cales reflexiono diariamente e son causadas pola súa existencia. A súa actividade está incidindo diariamente na sociedade dende fai varias décadas, e fágolle unha cuestión: cre vostede que esta incidencia e positiva ou negativa? 

Dende o meu punto de vista e polo que eu levo percorrido, vostede proporciónanos unha de cal e outra de area. Evolucionou moito dende que eu a coñezo, conseguiu que grazas a vostede teñamos ferramentas, instrumentos, páxinas ou mesmo aplicacións (online) que nos manteñen ao día, informados, que nos serven como fonte de información, ou mesmo para procesos de ensinanza – aprendizaxe, moi importantes na educación de todos nós a miúdo. Pero non sei ata que medida, esta “Sociedade da Información e da Comunicación” pode ser tan boa como aparenta. “Tecnoloxía”, podo observar que debido a súa evolución cada vez hai menos postos de traballo, estes son cubertos por máquinas, ordenadores ou calquera aparello que proveña da súa rama. Camiño pola rúa e a xente non aprecia o seu arredor, o único que admira é a pantalla dun móbil, tableta ou outros a través da cal está mantendo unha conversa. Agora as persoas comunicámonos a través de palabras escritas mediante un teclado; fíxate cando te atopes nunha cafetería, seguramente vexas a un grupo de persoas xuntas que nin sequera están falando porque están máis pendentes de ti (móbil) que dos outros. Co teu crecemento, non hai conversas “reais”, senón que “virtuais”. Isto non a leva a pensar que en certo xeito nos está a deshumanizar? Algo que tamén me sorprende son os cativos e as cativas; con tan poucos anos de vida, viven rodeados da súa presenza “Tecnoloxía”, e ademais están moi familiarizados. Os nenos e nenas xa case non son quen de pasar as follas dun libro, confundíndoo cun aparello táctil. Aínda que tamén é certo que certos aparellos axudan na educación dos mesmos, ou mesmo serven de reforzo e/ou apoio educativo a nenos ou nenas que presentan diversas problemáticas.

Ben pois, eu persoalmente penso que a súa evolución presenta pros e contras, como xa che nomeei anteriormente. E agora, poño no seu coñecemento unha das miñas preocupacións, que incluso poida resolverma. Dende que eu nacín, a súa evolución e expansión foi en crecemento ata chegar a actualidade, segundo vaian pasando os anos, cre vostede que o ritmo de crecemento irá a menos? E, se non é así, dita evolución, a onde lle fará chegar a vostede e a nós, á sociedade en xeral? 

E para rematar, propóñolle que non se esqueza dos máis desfavorecidos. Paréceme incrible que semellante evolución e crecemento que vostede presentou, só estivese en mans daquelas persoas que non están necesitadas, que se atopan nunha situación favorable. Que lle parece se a medida que segue evolucionando, isto tamén incide nas problemáticas ou necesidades dos máis desfavorecidos?

Non se me pode esquecer comentarlle que oxalá algún día, as persoas fagamos un uso de vostede axeitado, e non tan abusivo, xa que así a súa existencia non tería repercusións negativas.

 

Aquí lle deixo unhas cantas preguntas e a miña proposta. Un saúdo.

Noelia.