Obxectivos para "Tecnoloxía Educativa"

Unha vez impartida a primeira sesión expositiva (martes, 3 de marzo) de “Tecnoloxía Educativa”, fíxose a petición de reflexionar acerca de obxectivos que pretendemos alcanzar con esta materia. Sen coñecer en profundidade as temáticas a abordar e os distintos contidos, considero primordialmente, a nivel persoal, os seguintes:

  • Coñecer e comprender todas as oportunidades e posibilidades que a Tecnoloxía pode ofrecer a nivel educativo e a nivel profesional como futura pedagoga.
  • Reforzar e ampliar coñecementos acerca de distintos soportes tecnolóxicos e o seu uso.
  • Experimentar e dominar con outro tipo de metodoloxías de traballo que traian asociado o uso da Tecnoloxía, neste caso mediante unha estrutura virtual e facendo uso do portafolio electrónico. 

Considero que, como ben nomeei anteriormente, trátanse de obxectivos primordiais, xa que seguramente nos contidos da materia me sorprenda con aspectos que traten sobre outros temas variados acerca da Tecnoloxía sobre os cales alcanzar diversas metas.